martes, marzo 12, 2013

Día 4. Remata...

Visita ao Liceo Español García Lorca. A visita que ía durar unha hora durou toda a mañá. Trato inmellorable. Ensináronnos as instalacións e mostráronse moi interesadas polo noso proxecto. Prometeron unha visita ao noso cole a finais de curso. Estaremos encantados de recibilos.
Tamén puidemos coñecer ao director da ALCE (Agrupación de Lingua e Cultura Española) interesado tamén pola nosa labor, comentounos que ían poñer en marcha unha Aula Virtual de formación.
Volta ao hotel....isto remata... Bus cara o aeroporto de Orly. Chegamos a Madrid e "grazas" á folga de Iberia "só" tardamos 8 horas en chegar a Coruña en bus.
Non importou, a viaxe mereceu a pena tanto profesional como persoalmente.

DÍA 3-Xornada da tarde.


Destacamos as seguintes intervencións:
Elena Duro (UNICEF), Corina Lusquiños   e Hugo Labate, estes dous últimos do Proxecto Gema deron a coñecer o programa “SMILe-CIS” (desenvolto co apoio de UNICEF Arxentina). Trátase dunha ferramenta de administración dirixida, principalmente, a directores para compartir mensaxes con información xeral, consellos, coñecementos e datos sobre o proceso de ensino.
Teija Vainio e Tanja Walsh (Universidade politécnica de Tampere) presentaron “Nokia Mobile Mathematics”, proxecto que pretende apoiar a aprendizaxe e o ensino das matemáticas con dispositivos móbiles. Realizado en zonas urbanas e rurais de África do Sur e Finlandia. Obtivéronse resultados positivos en canto a motivación do alumnado cara as matemáticas e comprobouse tamén unha mellora substancial na competencia dixital do profesorado.
Anuragini Nagar (Sesame Workshop India Trust) utilizan o poder dos medios de comunicación para axudar aos nenos/as a alcanzar o seu máximo potencial cognitivo, socio-emocional e físico. Desenvolven e distribúen contidos a través da televisión, raio, radio comunitaria e impresión dixital; dirixido a neno/as de 0-8 anos.
Clausura o acto Francesc Pedró  (xefe da sección de políticas de desenvolvemento e educación  da UNESCO) remarcando as liñas de investigación que deben dirixir os traballos durante o presente ano:
  • TICs e capacidades do século XXI
  • Novos modelos de educación. Impacto e resultados nos estudantes.
  • Avaliación da educación móbil.
Paseo e cea preto do hotel e á volta... auga quente por fin!

DÍA 3- Xornada da mañá

Seguimos sen auga quente no hotel...aquí non imos facer comentarios pero alí xa deixamos moi claro o que pensabamos.
Nesa mañá expuxeron:
- Silvia Beatriz Ortega Salazar e Patricia Pernas da Universidade Pedagóxica Nacional en México. Conferencia relativa ás competencias da linguaxe con tecnoloxía móbil.
- Martín Restrepo da Editorial Editacuja (Brasil) quen deu a coñecer o proxecto “Mobile Education Lab (MEL) e os seus tres puntos básicos: descubrir-experimentar-inventar.
- Daniel Torres e Marta Cáceres presentando a comunidade “unX” (comunidade latinoamericana de espírito empresarial e economía dixital) que ten como estratexia principal a de implementar un novo modelo de educación superior baseado no uso intensivo das tecnoloxías como ferramenta para facilitar o acceso a recursos educativos e novos métodos innovadores para unha aprendizaxe permanente.

DÍA 2- Xornada da tarde

Da mesa redonda moderada por Fengchun Miao (UNESCO) hai que destacar a presenza de Matthew Scheneps (Harvard University) e os seus estudos sobre o uso das tablets na lectura concluíndo que os procesos lectores melloraron sen a presenza dos docentes e co uso da tablet sendo máis beneficiosas as pantallas pequenas xa que axudan a centrar a atención.
Do resto de participantes destacar as seguintes achegas:
a necesidade de completar os libros de texto cos dispositivos móbiles
a conciencia que teñen as editoriais de crear contidos dixitais
urxencia de formar ao profesorado no referente a toda a tecnoloxía emerxente.
Deste último tema estanse a levar a cabo traballos en países coma o Senegal en colaboración con NOKIA e a UNESCO.
Pierre-Jean Loiret, representando a ORANGE presentou o "kit pedagóxico" que ofrecen aos países aos que lles dan soporte.
E por último esa tarde coñecemos IFADEM, plataforma móbil fora de liña (offline) de aplicación para as actividades educativas dos mestres/as.

Día 2- Xornada da mañá


Non hai auga quente no hotel...sen comentarios...
O almorzo boísimo. A fama dos croissants de París é por algo.
A UNESCO está a 5' do hotel. Ás 08:30 estabamos alí para recoller a documentación e as nosas tarxetas.

Inaugura as xornadas Francesc Pedró (xefe da sección de políticas de desenvolvemento e educación  da UNESCO), Erkki Ormala (vicepresidente de Nokia) e Steve Duggan (director da sección educativa de Microsoft). Ideas centrais na que se basearían o resto dos relatorios:
  • innovación educativa
  • conseguir a igualdade de oportunidades en países subdesenvolvido e en sectores máis desfavorecidos como é o das nenas e mulleres
  • potenciación da aprendizaxe móbil para fomentar a escolarización dos sectores máis desfavorecidos
Expón Bhanu Potta (representante de Nokia) "Bringing mobile learning to scale: lessons and challenges”. Explica os programas Nokia Life e a versión mellorada Nokia Life+. Programas que se basean na aprendizaxe a través de SMS. Colaboración con British Council e English Teacher.
Do relatorio de Dan Wagner (Universidade de Pensylvania) destacar que o camiño cara o éxito pasa por mellorar a competencia bilingüe e dixital.

O PDB NA “UNESCO MOBILE LEARNING WEEK”. 18-19 Febreiro de 2013. UNESCO-París.


DÍA 1:
Madrugamos para aproveitar o día ou almorzamos en Coruña  sen presa e logo marchamos para París?. Sen dúbida madrugamos! A experiencia de ir a UNESCO pode que non se volva a repetir (ou si) así que non había tempo que perder.
Así, o domingo día 17 collemos o avión que sae de Alvedro ás 06:30 e parando en Madrid chegamos a París arredor das 11. 

Cóllelo bus e chegar ao hotel foi doado, tampouco se nos deu moi mal o francés...
Hotel: pequeniño e acolledor. Pintaba ben aínda que despois foi o peor da viaxe. 
Dedicamos o día a pasear e recordar París.
Subimos a Torre Eiffel...que frío facía! Pero mereceu a pena. Xantamos na avenida dos Champs Elysees e o resto do día camiñar e camiñar...falar e falar... Que nos atoparíamos ao día seguinte?

martes, diciembre 14, 2010

Adoptar, adaptar, crear, compartir

É unha arte marcial
Non. É un cantautor basco
É ...Petxa Kutxa


O sistema de presentación das comunicacións que se realizou pola tarde foi, para min, moi orixinas. Utilizaron o sistema de Pecha Kucha, buscando unha axilidade, que conseguiron nas presentacións. Este sistema consiste en que a cada relator se lle permite utilizar 20 diapositivas que só poden durar cada unha 20 segundos, 20x20=400 segundos. 6 minutos 40 segundos para presntar unha experiencia. Para os que escoitamos resukltou moi áxil porque en 90 minutos asitimos a 16 presentacións por 4 salas diferentes. Os relatores víaselles estresados para cumplir os tempos. que se lles pedían.

Adoptar, adaptar, crear e compartir foi o lema recurrente que se utilizou en varias das presentacións que se realizaron.

lunes, diciembre 13, 2010

Códigos QR e realidade aumentada

Tecnocentrismo: 
Tendencia a ubicar a tecnoloxía por diante das persoas
 e no centro da escena educativa
Seymour Papert
Un dos maiores riscos que corremos, nun proxecto como o noso e ser capaces de introducir a tecnoloxía nas aulas pero cun obxectivo único: A construcción da aprendizaxe do alumnado. Actitudes tecnocentristas e supeditar todo á máquina, deben quedar fora da nosa actividade, o cal non quere dicir que non debamos probar e comprobar o funcionamento de novas técnicas e ferramentas que poden favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Despois do café tocaban os talleres prácticos. Todos interesantísimos e novidosos, aínda que uns máis que outros. Eu estaba matriculado nun de Códígos QR e outro de Stop Motion, ao final puiden cambiar o de Stop Motion por outro de Realidade Aumentada. Agapito, á parte do de AR foi a un de Contidos Lams.

Jornades de Educacio e Telecomunicacio

One, two, three,four, five
Mambo!!!!
Non era a primeira nin a 2ª, era a 5ª vez que nos desplazabamos a Barcelona a aprender.

Eran ás 9 da mañá. e despois de 2 tramos de metro chegamos, Agapito e máis eu, á Casa de Convalescencia do Hospital de Sant Pau para asistir a unha Xornada que prometía moito. Era a VI Jornade d´educacio i telecomunicacio organizada pola IEARN-Pangea
Saúdos a Sebas Capella e a Jordi Adell e para dentro.
O primeiro era unha sesión plenaria cunha conferencia de Micaela Manso e Paula Pérez da rede Telar de Arxentina. na súa ponencia propuxeron, entre outras cousas, os seguintes pasos para planificar actividades curriculares con Tic:

domingo, diciembre 12, 2010

Menores en las Tic

Este ano volvimos a Xixón. E se o ano pasado fora moi ben acompañado por Ramón, este ano, se cabe mellor. Dúas compañeiras,  Pilar e Sonia, do Ies de Sabón viñeron a Xixón. 
O Congreso?. Moi ben de sidra e de Fabes.
Que queredes saber algo sobre o congreso en si?. Pois non necesito escribir nada. Lédeo todo aquí no blog que escriben elas