lunes, diciembre 13, 2010

Jornades de Educacio e Telecomunicacio

One, two, three,four, five
Mambo!!!!
Non era a primeira nin a 2ª, era a 5ª vez que nos desplazabamos a Barcelona a aprender.

Eran ás 9 da mañá. e despois de 2 tramos de metro chegamos, Agapito e máis eu, á Casa de Convalescencia do Hospital de Sant Pau para asistir a unha Xornada que prometía moito. Era a VI Jornade d´educacio i telecomunicacio organizada pola IEARN-Pangea
Saúdos a Sebas Capella e a Jordi Adell e para dentro.
O primeiro era unha sesión plenaria cunha conferencia de Micaela Manso e Paula Pérez da rede Telar de Arxentina. na súa ponencia propuxeron, entre outras cousas, os seguintes pasos para planificar actividades curriculares con Tic:

  • Paso 1: Establecer obxectivos de aprendizaxe
  • Paso 2: deliberar sobre estratexias de ensino para o seu uso
  • Paso 3: Desenvolver e seleccionar as actividades de aprendizaxe
  • Paso 4: Seleccionar as estratexias de avaliación
  • Paso 5: Seleccionar e coordinar as ferramentas TIC ou recursos para as actividades
Moi interesante pero cun pero.Non me gustan nada as comunicacións que obrigan a realizar grupos e participar na mesma.
Coffe break. Moi bo o cafe e o pan tomaca

No hay comentarios: