lunes, mayo 22, 2006

Reunión en Lasarte. Visita ao Berritzeguneak

Arde la calle al sol de poniente,
hay tribus ocultas cerca del río
esperando que caiga la noche.
Hace falta valor, hace falta valor,
ven a la escuela de calor.

Calor, ía moita calor. Todos eramos xente do norte aínda que ningún de Bilbao. 35 graos no medio de montañas é demasiado calor. Despois de comer con 3 profesores e cos responsables Tic tanto da zona como de Gupúzcoa fomos tomar café a un caserio situado no alto dunha montaña buscando algo de fresco. Nada, máis calor. Queixábamonos todos, aínda que cando nos explicaron que este caserio, reconvertido en restaurante de Turismo rural era da familia de Edurne Pasabán e si ela subira ao Everest, nos podiamos aguantar o calor.
Fuximos buscando o aire acondicionado da furgoneta. E dirixímonos ao Berritzeguneak (Centros de apoyo a la formación e innovación educativa).
Victor Bermejo e José Orenga explicaronnos o funcionamento destes centros. Son como os nosos Cefores dotados da última tecnoloxía. Vimos o funcionamento dunha aula para video-conferencias. Explicáronnos o uso é a utilidade de dous portais de uso das Tic Elkarrekin.org e Elkarrekin.net . No primeiro deles aparece toda a información sobre cursos e actividades a realizar en Euskadi. Dentro destes cursos está uns gratuítos e en castelán sobre clic, Hot Potatoes, Pizarra digital,... en http://www.elkarrekin.org/elk/gela/indexC.html. En Elkarrekin.net aparecen diferentes proxectos que se están a realizar nestes momentos en euskadi. O proxecto sobre os Osiños de peluche existe en castelán en http://www.telar.org/telar/proyectos/ositos/ositos.htm, non operativo nestes momentos. Neste proxecto irmananse clases que intercambian osiños de peluche, ou outro xoguete suave, por correo postal. Logo o osiño envía ao seu lugar de orixe un diario por correo
electrónico, polo menos unha vez á semana, na que describe as súas aventuras, os lugares aos que foi, as cousas que fixo e viu. Este proxecto apunta a motivar a escritura brindando aos nenos un destinatario real. Eles escriben a súa mensaxe como se fosen o osiño visitante. Outro dos proxectos é o Atlas da diversidade.
Volvimos a criticar ás diferentes administracións. A última que tiñan en Euskadi era o envío masivo de impresoras aos centros. Impresoras que ninguén pedirá e que tiñan un coste de mantemento moi elevado.
Ás 5 e media da tarde deixamos Lasarte para ir en dirección a Bilbao. Como o único que medio era de Bilbao era eu, os outros "se rajaron" e quixeron ir directamente ao aeroporto a esperar polo avión que só saíu media hora tarde. As horas de espera pasáronse entre visitas ao Smoking Point, contemplar a Carmen Posadas (¡¡53 anos!!) e falar por teléfono. Despois dun vo de 50 minutos ás 9 e media estabamos en Santiago onde estaba a nosa espera os taxis para vir de volta a A Coruña.
Eskerrik asko Roberto
Eskerrik asko Victor
Eskerrik asko Juanjo
Eskerrik asko
guztiak

jueves, mayo 18, 2006

Visita a Asteasu. O encontro

Camiñan ao meu rente moitos homes,

non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.



O día 17 erguémonos as 7 e media da mañá porque ás 9 e cuarto tiñamos que estar no Colexio de Asteasu. Durante o almorzo e mentres que Sabino se queixaba de que botara en falta a súa cama, Elena e Mª Jesús se sentían privilexiadas polos detalles do hotel nas súas habitacións, empezamos a poñer en común toda a información recoletada na rede sobre o camiño que tiñamos que seguir para chegar a Asteasu. Esrael sacara a información de Repsol, eu de Via-Michelín, e non coincidían. Polo que o único que tiñamos claro e que tiñamos que saír de Donostia pola NI en dirección a Andoaín. Montamos no coche e descubrimos que o coche tiña un reloxio e que ao lado do reloxio había un ¡compás! que ía marcando en que dirección iamos. Cando dabamos unha curva pasaba de Sur a Sur-Leste ou a Norte. Non fomos capaces de descubrir cal podía ser a utilidade deste mecanismo.
Despois de perdernos un par de veces chegamos ao colexio con media hora de retraso. Este estaba colocado nun sitio espectacular. Entre montañas. No medio de prados e cunha edificación uniforme. Sen casas alpinas nin porches con alpendres adosados. Estaba a nosa espera Roberto Suberbiola responsable Tic do centro.
Diante dun café e sentados nuns pupitres de 4º empezamos a traballar. Explicousenos que neste colexio traballaban sen libros dándolle un enfoque constructivista á súa práctica docente diaria. O 1º que descubrimos era que estabamos diante de mestres normais. Xente que non tiña á tecnoloxía comoa a panacea que soluciona todos os problemas. Xente que valoraba ter unha boa biblioteca no centro. Xente que valoraba o funcionamento dun laboratorio. Xente que tiñan os mesmos problemas que nos. Problemas coa administración, problemas co concello, problemas de falta de recoñecemento. Non estabamos diante de ningún "galactico" do ensino. Estabamos a falar cun mestre que diante de problemas concretos aplicaba solucións imaxinativas e baratas. Solucións que poden ser aplicables as nosas clases. Ensináronnos unha posible reutilización dunha cámara de video analóxica (unha Handycam de 8 mm) como proxector de opacos. Tamén vimos o sistema que utilizan para facer imaxes dos CD dos programas para telos instalados na rede e podemos utilizar sen ter a necesidade de introducir o CD. Falamos das diferencias entre as pizarras dixitais interactivas do simple proxector. Comentamos a importancia das mesmas dentro dunha clase pero discutimos tamén sobre a súa colocación, por parte dalgúns mestres, como cerne e solución para todos os problemas do ensino.
Nesta reunión estaban, tamén, Víctor Bermejo González responsable TIC de Guipuzcoa e por Juanjo responsable Tic da zona. Estes dous íannos recibir pola tarde no centro de Apoio á formación e innovación educativa de Lasarte.
Despois de máis dunha hora de debate moi fructifero pasamos a visitar as instalacións do centro. na aula de informática vimos unha colocación diferente dos monitores. Aquí falamos sobre a necesidade ou non das aulas de informática.
A continuación fomos visitar unha aula de 6º onde estaban a traballar cos TabletPc. Son uns ordenadores portátiles dun tamaño máis reducido que os nosos e aos cales se lles pode sacar a pantalla e utilizala como unha pizarra ou un caderno onde tomar notas manusctitas. Ten un sistema de recoñecemento de caracteres moi bó. ¡Ata recoñecía a miña letra!. Vimos a utilidade que lle dan a Ikasguay onde van recopilando recursos para utilizar co seu alumnado na aula ou na aula de informática.
Aínda non vos falei da calor.
Falando del, empezarei cando fale da tarde.

Visita a Asteasu. A viaxe

"... eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro
..."

Era o día das Letras. Este ano non ía participar no cortexo cívico das letras pola Cidade Vella. Este ano, aproveitando o día non lectivo íamos acudira visitar un colexio público en Euskadi, iamos visitar o Colexio Pello Errota de Asteasu (Guipúzcoa). Este é un colexio no que, grazas a un acordo con Microsoft, tiñan a posibilidade experimentar cuns TabletPc.
Despois de ter que deixar fóra da viaxe a dúas persoas das que solicitaran realizar esta viaxe, Mª Jesús Abad de Ed. Infantil, Sabino do 2º ciclo, Ramón do 3º ciclo, Elena de lingua francesa, Amelia de lingua inglesa e máis eu, acompañados de Israel como representante da Fundación Amancio Ortega subimos nun avión con destino a Bilbao. Grande invento este dos avións. ¡¡35 minutos!! e xa estabamos en Bilbao. Coche e noutra hora xa estabamos en Donostia.
Moitas veces facemos e establecemos apriorismos. "Todo o norte é igual", "Bilbao é espantoso e sucio" "San Sebastián é precioso".
Con respecto ao primeiro é completamente falso. Non é igual todo o norte da península. Euskadi ten un respecto para todo o seu que xa quixeramos ter os galegos. En todo o recorrido que fixemos entre Bilbao e San Sebastián, non vimos ningún exemplo do feismo. Non descubrimos ningunha casa, habitada, a medio facer, non había casa rematadas con "ladrillo visto". A autoestrada, mala (tiñamos unha discusión no coche decidindo cal era peor e con máis curvas se a Autoestrada de Carballo, o tramo Vigo-Tui ou esta). A paisaxe preciosa. Chocaba ver todos os montes cheos de árbores, ningún tramo queimado, sen eucaliptos.
Sobre o segundo dos preconceitos, nesta viaxe non puidemos visitar Bilbao. Pero eu podo asegurarvos que é falso. Bilbao está preciosa. A transformación que sofreu desde que se construiu o Guggenheim é tremenda. Agora é unha cidade limpa, paseable e agradable. Hai anos cando os seguidores da Real acudían a San Mamés cantaban "que feo eres, Bilbao, Bilbao que feo eres" teñen que cambiar de letra.
Con respecto á 3ª afirmación é certa. Donostia é preciosa.
San Sebastián sábese bonita, San Sebastián non necesita novos Museos, Israel quería ver o Kursaal e quedou un pouco decepcionado. Paseando polo paseo de La Concha, se mirábamos para o mar, podiamos pensar que estabamos en Riazor ou no Orzán. Pero se nos dabamos a volta e contemplabamos os edificios e os palacios que bordean a Concha, non atopabamos nin a parte de atrás do Eusebio da Guarda, nin Facenda, nin o ambulatorio, nin, nin nin....
Será porque alí respectan o seu e non enchen a praia con edificios que tapan o sol.