non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Despois de perdernos un par de veces chegamos ao colexio con media hora de retraso. Este estaba colocado nun sitio espectacular. Entre montañas. No medio de prados e cunha edificación uniforme. Sen casas alpinas nin porches con alpendres adosados. Estaba a nosa espera Roberto S

Diante dun café e sentados nuns pupitres de 4º empezamos a traballar. Explicousenos que neste colexio traballaban sen libros dándolle un enfoque constructivista á súa práctica docente diaria. O 1º que descubrimos era que estabamos diante de mestres normais. Xente que non tiña á tecnoloxía comoa a panacea que soluciona todos os problemas. Xente que valoraba ter unha boa biblioteca no centro. Xente que valoraba o funcionamento dun laboratorio. Xente que tiñan os mesmos problemas que nos. Problemas coa administración, problemas co concello, problemas de falta de recoñecemento. Non estabamos diante de ningún "galactico" do ensino. Estabamos a falar cun mestre que diante de problemas concretos aplicaba solucións imaxinativas e baratas. Solucións que poden ser aplicables as nosas clases. Ensináronnos unha posible reutilización dunha cámara de video analóxica (unha Handycam de 8 mm) como proxector de opacos. Tamén vimos o sistema que utilizan para facer imaxes dos CD dos programas para telos instalados na rede e podemos utilizar sen ter a necesidade de introducir o CD. Falamos das diferencias entre as pizarras dixitais interactivas do simple proxector. Comentamos a importancia das mesmas dentro dunha clase pero discutimos tamén sobre a súa colocación, por parte dalgúns mestres, como cerne e solución para todos os problemas do ensino.
Nesta reunión estaban, tamén, Víctor Bermejo González responsable TIC de Guipuzcoa e por Juanjo responsable Tic da zona. Estes dous íannos recibir pola tarde no centro de Apoio á formación e innovación educativa de Lasarte.
Despois de máis dunha hora de debate moi fructifero pasamos a visitar as instalacións do centro. na aula de informática vimos unha colocación diferente dos monitores. Aquí falamos sobre a necesidade ou non das aulas de informática.

A continuación fomos visitar unha aula de 6º onde estaban a traballar cos TabletPc. Son uns ordenadores portátiles dun tamaño máis reducido que os nosos e aos cales se lles pode sacar a pantalla e utilizala como unha pizarra ou un caderno onde tomar notas manusctitas. Ten un sistema de recoñecemento de caracteres moi bó. ¡Ata recoñecía a miña letra!. Vimos a utilidade que lle dan a Ikasguay onde van recopilando recursos para utilizar co seu alumnado na aula ou na aula de informática.
Aínda non vos falei da calor.
Falando del, empezarei cando fale da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario