miércoles, junio 11, 2014

GRANADA, AUMENTAME 2014

DÍA 3

Tocábanos un ratiño de lecer...así que pola mañá visitamos os barrios de Albaicín e Realejo e algunhas das compañeiras aproveitaron para coñecer a Alhambra. 
Comida de despedida de Granada 


Pola tarde voltamos para casa, viaxe longo con horas de espera, igual que a ida,  pero sempre con algún recurso para pasar o tempo.
Esta vez sen TICs!

GRANADA- AUMENTAME 2014

DÍA 2, XORNADA DA TARDE

Da xornada da tarde destacamos as intervencións de:
- Antonia Cascales que nos falou do rendimento e uso da realidade aumentada con alumnado con TEA. 
- Jesús Arbúes e as súas experiencias en educación secundaria. 
- Francesc Nadal "PhoenixARs via illARgonauta", novas ideas para dar vida as obras de arte clásicas ou mitolóxicas usando dispositivos móviles, edición de vídeo e realidade aumentada. Como apps principais: Aurasma, Layar, Augment, Junaio,...

E como non...as intervencións do PDB!
Comezou Begoña Codesal dando unha chamada de atención a todos "Primaria existe!!" e tiña razón, ata o de agora ninguna ponencia falara desta etapa. Expuxo o traballo "Prehistoria y época de los castros, posiblidades didácticas de la RA aplicada a la historia" por suposto un gran aplauso e felicitacións ao final da exposición.



E para rematar a tarde "Aurasma, haciendo realidad la lectura". Carmen Fernández mais eu, Verónica Iglesias, expuxemos a nosa experiencia con esta app na creación de materiais  para o reforzo e a iniciación na lectoescritura. A experiencia foi moi gratificante e pensamos que aportou ideas aos docentes que se atopaban entre o público e así nolo fixeron saber ao final do relatorio.


Para rematar o día....unha imaxe, que vale máis que mil palabras. Merecíamolo!




GRANADA- AUMENTAME 2014

DÍA 2, xornada de mañá:

Tocaba madrugar. As xornadas Aumentame 2014 comezaban as 8:45 h. 
Atopamos o sitio moi rápido e o chegar...Photocall! Perfecto. Isto das fotos dásenos moi ben.


As xornadas comezaron cun pouquiño de retraso e interviron en primeiro lugar membros do grupo Espiral e representantes do concello de Granada.
De seguido houbo unha interesante mesa redonda na que participaron Bernat Llopis (Ardutrónica, electrónica con Realidade Aumentada), David Delgado Rodríguez (R.A. con multimarcador, aplicacións ao Bacharelato), G. Iban de la Horra Villacé (R.A. en matemáticas) e os nosos veciños do IES de Sabón Agapito Muñiz e Sonia Vivero que comentaron o seu traballo "Doña Emilia en femenino plural a través da geolocalización e da R.A. 

Entre as comunicacións abertas que comezaron a continuación destacamos:
- Google Glass en Educación, de Isidro Navarro y Xavier Suñé. (O proxecto Google Glass Explorer formado por docentes ten o fin de extraer resultados destas experiencias para aplicacións futuras)
- FrutaVerdura 3.0 de Yolanda Hernández (uso de códigos QR para desenvolver bos hábitos de alimentación)
- "La RA como herramienta eduacativa en los museos" de Soledad Gómez (uso da realidade aumentada en contextos educativos non formais. Supón unha vía para ofrecer aos usuarios información complementaria e contidos ampliados e novedosos).
- RA RGB-D de Raúl Reinoso. (Uso de cámaras RGB-D para xerar maior realismo nos sistemas de RA mediante o uso de obxectos físicos como marcas e incluso convertindo o propio corpo nun marcador).

GRANADA-CONGRESO AUMENTAME 2014

DÍA 1:

Venres 16 de maio. 14:30 h.  Soa a serea no PDB. Marchamos correndo para casa, tiñamos que rematar de facer as maletas e saír cara o aeroporto camiño a Madrid e de Madrid….Granada! A tarde foi algo longa xa que non chegamos a Granada ata preto das 23:30 pero todo apuntaba a que ía ser un gran fin de semana.