A 800 m en la siguiente rotonda...
a 300 m en la siguiente rotonda...
En la siguiente rotonda coja la 2ª salida
..................................................................
Se ha salido usted de su itinerario
O JI PI ESE traianos pola rúa da Amargura.
Se lle faciamos caso, mal. Senón llo faciamos, peor. A tecnoloxía non nos vai solucionar todos os problemas. Isto do GPS pode chegar a ser un gran invento. Polo de agora cun mapa ao lado e con moito sentido común, que é o que lle falta ao aparato, seguimos chegando a calquera lado.
En 7 horas chegamos desde A Coruña ata Huelva, pasando por Madrid e por Sevilla. Ningún contratempo durante a viaxe.
Despois de deixar as maletas nas habitacións do hotel, baixamos a cear ao único restaurante que estaba aberto nos arredores. O xamón moi bo. As gambas malas.
Como estabamos bastante cansados e ao día seguinte tiñamos que erguernos cedo, fomos rapidamente para cama.
Ao día seguinte quedaramos con estar no colexio de San Walabonso de Niebla ás 10 da mañá. O JIPIESE cabreouse con nós cando estabamos a chegar a Niebla e decidiu que non nos deixaba coller a ponte que nos levaría ata o pobo. Quixo levarnos de excursión ata o seguinte pobo. Cando nos decatamos do erro do aparato e preguntamos a unha señora desandamos os 10 km. que nos levara de excursión.
Chegamos ao colexio de San Walabonso. A 1ª impresión e de limpeza e de silencio. A estructura con patios con soportais interiores, baixaban a temperatura. Recibiunos Fernando García Páez que nos ía acompañar ao longo de todo o día.
A 2ª sensación a afabilidade, o cariño, o recoñecento do alumnado e cara o alumnado. Todos os nenos e todas as nenas que atopabamos polos corredores comentábanlle algo a Fernando e el sempre tiña unha palabra que dicirlles. Sabía anecdotas e historial de todos eles, coñecía a Diego e cando nos cruzamos con María explicounos que era veterinaria e pediulle que nos explicase como lle fixera unha cesarea a unha rata. A pena foi que non foi capaz de salvar a ningún dos ratiños.
Sempre nenos e nenas. En San Walabonso os nenos e as nenas volven a estar no centro da educación. Todo faise pensando neles e nelas.
Que pasa neste colexio?
Empezamos a visitar aulas na primeira na que entramos está Alberto el informático que nos
ensina o seu blog. As aulas Tic dos centros TIC de Andalucia teñen un ordenador para cada dous alumnos ou alumnas. É un sistema incómodo este que teñen tanto en Andalucia como en Extremadura. Este sistema obriga a ter unha estructura da aula inamovible, non se pode realizar ningún outro tipo de agrupamento que o previamente establecido. Dous nenos ou nenas, un monitor e un teclado entre eles e sempre mirando cara adiante. Pero cando hai ilusión e se é capaz de transmitirlla ao alumnado como fan Fernando, Ana, Beatriz, Toñi, Manolo,... estes problemas se superan. Vemos como os nenos e as nenas seguen a traballar nas súas cousas mentres que nós paseamos entre eles e preguntamoslles cousas sobre o que están a facer. Están disfrutando co seu traballo. Non lles molesta a nosa presenza. Están orgullosos das cousas que están a facer. Unha nena estaba traballando nun artigo da wikipedia e coméntalle a Fernando que alguén fixera algún comentario improcedente. Dille que o solucione. Edita o artigo e borra o improcedente.
Xa está. Traballando directamente en Internet. Confiando no alumnado.
Sempre os nenos. Yuri, que será o que el quera. Yolanda, cariñosisima con todos nós.
Que pasa neste colexio?
Imos visitar as aulas de Educación Infantil que están noutro centro a 2 km. da sede central do colexio. Impresionanos ver a decoración da entrada que recorda un mar azul, cheo de peixes.
Mentres José Carlos e Fátima preguntan e falan co e coas compañeiras de Ed. Infantil temos que apuralos. Quedanos aínda moito que ver e de que asombrarnos
De volta ao colexio, o alumnado está no recreo e ¡¡están a xogar á goma!!
Que pasa neste colexio?
O da goma din que foi moi sinxelo despois dunha campaña de recuperación de xogos tradicionais
Despois de tomar o café cos compañeiros e compañeiras de San Walabonso, José Carlos e Fátima foron, acompañados por Mª Carmen Betanzos Pérez asesora de Ed. Infantil do CEP de Bollullos e Valverde a visitar o CEIP de Beas.
Mentres tanto os outros 4 quedamos no colexio para falar e comentar o observado. Xa estaba con nós outro asesor do CEP de Bollullos-Valverde, Javier Ojeda Beltrán e o director do colexio.
Descubríronnos outra posibilidade que eles aplican as Cazas de Tesouros. Os nenos e as nenas realizan eles mesmo as cazas. Non só as resolven. As crean. Contrúen o seu coñecemento desde o principio. A todas as bondades pedagóxicas das webquest, como as coñecemos e as utilizamos, de busqueda, recollida e xestión da información eles engádenlles un plus. Os nenos e as nenas crean pensando en que os seus compañeiros e compañeiras os resolvan.
Falamos dos videocontos que realizan os maiores do centro para disfrute dos máis pequenos. Criticamos á administración, falamos do que se necesita para que un proxecto TIC trunfe nun centro e noutro non. Chegamos a varias conclusións. Necesítase alguén que motive, apoio por parte da administración, motivación por parte do profesorado e implicación por parte do equipo directivo.
Fernando segue entusiasmado. Disfruta contándonos os actos organizados polo ano do Quijote, das actividades relacionadas con Juan Ramón Jímenez. Todas con actividades TIC realizadas por eles e polos seus alumnos e alumnas.
Que pasa neste colexio?
Este centro está nunha vila deprimida onde hai moita xente vivindo do PER. Onde a través do colexio e das TIC son capaces de estar no mundo e transcender do seu entorno máis cercano. Queren, como no noso proxecto, chegar a un cambio social a través das TIC. Crear nenos e nenas que non teñan nada que envexar cos privados.
Que pasa neste colexio?
Non o sei.
O que si sei e que esta e quizais a visita máis proveitosa de todas as que levo facendo. Onde hai mestres e mestras. Unicamente mestres e mestras implicados e emocionados polo seu traballo.
Noutra entrada falarei da tarde.
(por se algún dos nosos amigos de Niebla, non entende algo do que escribimos aquí facede clic
aquí que vos levará aun traductor ou a
este que vos levará a outro)