martes, marzo 09, 2010

A tarde. Paco Castillo e Nacho

Ultimamente, te veo más que a mi mujer

A estrela da tarde era Paco Castillo. Tocaba falar de xeolocalización, e quen millor que Paco Castillo.
É certo ultimamente nos vemos á miúdo. Xa falamos del e da súa presencia no congreso de Málaga, despois deunos a docencia nun Grupo de Traballo que temos no Colexio. Moi ámeno, sabe o que conta e disfruta contándonolo. Non se dorme ninguén, aínda que da permiso para facelo. Fala da realidade aumentada, do Geocaching, e da importancia da xeolocalización. Está previsto que unha das pildoras formativas sexa impartida por el. Veredes como non minto


As intelixencias múltiples

Non me apetece máis butifarra
Hoxe quero xiba


Os momentos das pausas para o café son as máis interesantes. Á parte de para repoñer forzas e son como o 3º tempo dos partidos de Rugbi. Serven para falar sobre o que acabas de oir e para saudar a amigos ou coñecidos que facía máis ou menos tempo que non vías. Non era o caso de Paco Castillo que como ven dixo el "ultimamente véxote máis que a miña muller"
Tocaba conferencia sobre Como traballar as intelixencias múltiples na escola. Impartida por 3 monxas do Colexio Montserrat. A diferencia da conferencia de hai 4 anos, este ano no explicaron as intelixencias múltiples senón que presentaron unha serie de materiais como Entusiasmat. Matemáticas desde os 0 aos 12 anos.

lunes, marzo 08, 2010

3ª Xornadas de WebQuest. 1ª conferencia

Xa en Barcelona. Viaxe tranquila. Cena nas Cuinas de Santa Caterina, Montse tomou butifarra. Os demais tamén.
Como esta xente xa vai maior, tivemos que ir cear cedo e despois dun cafe, rapidamente para cama. Non quixeron ir ao Concerto de Lila Downs no Palau de la Música
Ao día seguinte, as 7 da mañá soa o despertador. Almorzo, dous taxis e chegamos á Casa de Convalescencia del Hospital de la Santa Creu e de Sant Pau. Modernismo. Algo máis que Gaudí. Rexistrámonos. Retiramos a documentación . Saúdos A Sebas Capella e a Carme Barba
Despois da inauguración em pezou a 1ª conferencia sobre Competencia e avaliación. Neus Sanmarti .
    Se se dispón de coñecemento poden xurdir as boas preguntas que leven a conseguir a competencia na materia
    Unha aprendizaxe competencial require conectar coa realidade, contextualizala. O contexto é o punto de partida para construir coñecemento, entendido como o conxunto organizado de saberes que permiten resolver problemas e tomar decisióins.
    Se a aprendizaxe é significativa se organiza en modelos teóricos que agrupan conceptos, é útil para explicar e predecir moitos feitos, interiorizase de xeito que se pode activar (memoria si pero para cousas significativas), podese utilizar para transferilos para outras cousas

    viernes, marzo 05, 2010

    De novo, Barcelona

    Qué bonita es Barcelona,
    perla del Mediterráneo.
    Qué bonito es el color
    en su cielo tan azul
    en invierno y en verano

    Van xa 4 anos que empezaba este blog. A 1ª entrada do mesmo era na que se informaba das 1ª Jornades de Webquest. Unha gozada. O lugar, os conferenciantes, Sebas, Jordi, Xuancar, Carme,...
    Este ano volvemos. Esperamos que, se non poden superar as 1ª Jornades, polo menos que se acheguen a aquela marabilla de organización e de aprendizaxe para os que chegabamos de Arteixo.
    O programa destas 3ª xornadas podedes consultalo aquí