Ultimamente, te veo más que a mi mujer
É certo ultimamente nos vemos á miúdo. Xa falamos del e da súa presencia no congreso de Málaga, despois deunos a docencia nun Grupo de Traballo que temos no Colexio. Moi ámeno, sabe o que conta e disfruta contándonolo. Non se dorme ninguén, aínda que da permiso para facelo. Fala da realidade aumentada, do Geocaching, e da importancia da xeolocalización. Está previsto que unha das pildoras formativas sexa impartida por el. Veredes como non minto

Só quedaba a clausura, decidimos ir pasear. Metro ata a Diagonal e baixamos pola rúa máis bonita do mundo, o Paseo de Graza. Baixar polo paseo de Graza notando como disfruta alguén que é a 1ª vez que o ve é disfrutalo dúas veces. Tardamos dúas horas en chegar ata a Praza de Cataluña, e outra máis ata a Ramblas.
A cea, con cava (of course), fixémola en La Rita na rúa Aragón, Unha copa en Omn,e cama que as 5 da mañá había que erguerse para coller o avión de volta a casa
1 comentario:
Confirmar o que conta Fernando sobre Paco Castillo,ten moitos coñecementos e sobre todo, sabe transmitilos.
Sería todo un luxo que nos puidera vir dar algunha desas pildoriñas pendentes.
Publicar un comentario