miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso Tic Malaga. 2º día .II

Soñan as PDI con ovellas eléctricas?
Poden as PDI curar os pés planos?

O 2º conferenciante da tarde foi Pere Marquès referencia, par moita xente no uso do Encerado dixital. Un entusiasta, cheo de proxectos e de investigacións (propuxonos participar nunha) pero que o que transmite e o que levamos experimentando dende hai no PPdB. As súas aulas 2.0 son as que temos nos nosos centros. Sabe do que fala e a quen se dirixe



Expón que as claves do éxito para oso do encerado dixital son:
• Motivación
• Informacion
• Individualización

Di que os requisitos para o uso didactico de web 2.0
• Infraestructuras. Traballar en Internet
• Competencias necesarias dos estudiantes:
o Competencias dixitais: Navegar, procesar información
o Competencias sociais
o Aprendizaxe autonoma
• Competencias profesorado
Para el as Aulas 2.o teñen que ter:
• EDI
• Portátil
• Outros periféricos:
o Lector de documentos
o Teclado inarámicos
o Lapis de memoria
• Conexión á intranet de centro
• Software
• Acceso a contenidos educativos

Propón un reparto do tempo nas aulas en cuartos
25%trabajo profesor. Explicación
25% exposición traballo alumnos
25% traballo individual-grupal con PC
25% trabajo individual tradicional sen PC

Despois desta exposición tocaba a conferencia Georeferencia como recurso educativo transversal

de Francisco Castillo Rodriguez. Un descubrimento. Granadino que traballa no CEFORE de Ferrol
Falounos da evolución da cartografía cara experiencias inmersivas e de realidade aumentada, da oportunidade para el usuario de convertirse en prosumidor (2ª vez que aparece este concepto no congreso prosumidor= productor+consumidor), contribuindo no deseño de mapas mediante
• Visualizadores (google earth) Atlas virtual.
• Clientes lixeiros Geomedia
• Clientes pesados. SIG non propietarios Geosig
• Etiquetar o mundo
• Open Street map

E a escola?
• Antes ferramentas para ensinar, agora ferrramentas para aprender
• Apropiarse das ferramentas
• A innovación tecnolóxica non implica innovación didáctica
• Aprender creando artefactos culturais en linguaxess diversos
• Centradas no estudiante
• Movilizan actitudes e emocións

Falounos da experiencia sobre os Mapas de esperanza no Ceip Esteiro de Ferrol realizada polo alumnado de Mª Jose Souto
Ao remate fomos saudalo e a proporlle que viñese a darnos a docencia do grupo de traballo deste ano.
Depresa a coller o bus e para Malaga a cear. A Jose Carlos apetecialle carne. Estaba farto das gambas. Rematamos nun asturiano bebendo sidra.

No hay comentarios: