miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso de Málaga. Wicho

Microsiervos
Blogueando a hombros de gigantes

Como peche á 1ª xornada do congreso estaba anunciada a participación de Javier Pedreira (Wicho) co que xa tiñamos unha relación previa, xa que o ano pasado impartiranos a docencia do grupo de traballo que sobre as redes sociais tivemos no colexio. Artogos de Wicho podémolos ler todas as semanas en La Voz de Galicia
A participación de Wicho neste congreso viña dada por participar en Microsiervos un dos blogs de referencia sobre temas de tecnoloxía.

Da súa intervención quero destacar a consideración dos blogs como o trunfo dos aficionados fronte aos profesionais e as inmensas posibilidades que se nos abren aos docentes con todas estas facilidades que nos ofrece todo o 2.0.
Ao remate da súa intervención fomos saudalo e a buscar o bus que nos achegase desde a Facultade de dereito ata o centro de Maálaga onde tiñamos o noso hotel.
1º día de congreso, rematado. Moito cansanzo. De cea unhas gambiñas (non tan boas como as de Bollullos) e a durmir que xa non eran horas (e xa non somos o que fomos)

No hay comentarios: