miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso Tic Malaga. 2º día .I

Que eres linda y hechicera
Que eres linda y hechicera
Como el candor de una rosa


Sol, ceo azul, claridade, fáltanos algo. A chuvia
Pola mañá tocaba falar temas das universidades. Interesábanos pouco. Para que enganarvos, non nos interesaba nada escoitar falarse uns aos outros "que se o doutor tal, opina" "que se o profesor cual pensa" unha sensación de sobrar, de endogamía, de afastamento da realidade (non universitaria)... Que decidimos dedicar unha parte da mañá a re-coñecer Málaga.
Descubrimos que está como todas. Chea de obras do plan E, cuns problemas de tráfico enormes, solucionado o problema de limpeza, precioso o centro arredor da Rúa Larios. Fixemos turismo. Fomos ao Museo Picasso (admiten o carnet de teacher da consellería, Jose Carlos non o tiña e tivo que pagar) e a catedral (coa igrexa topamos, non admiten ningún carnet, pagamos os dous)
Un "jamoncito" e máis gambas e a coller o 20 para chegar ata o campus de Teatinos

A 1ª conferencia de pola tarde ía ser a de Pere Marques que cambiou a orde con Ana García-Valcárcel Muñoz-­Repiso que impartiu a conferencia Experiencias de aprendizaje colaborativo entre centros escolares.
Falounos sobre as comunidades virtuais que permiten a desterritorialización no ciberespacio
• Comunidades de intereses: menor implicación e cohesión: Teñen un interese común, intercambian información, axudan na resolución de problemas pero non hai unha dinámica colaborativa
• Comunidades de aprendizaxe: Reunen para levar a cabo un proxecto ou unha tarefa de aprendizaxe. O éxito depende da implicación na tarefa. Teñen que ter unha meta común, que se realicen nun contexto académico dependendo dun profesor que leven a unha construcción conxunta do conñecemento, tense que producir una dinámica colaborativa con responsabilidade coa comunidade
Máis adiante falounos dos proxectos telemáticos educativos que deben estar centrados en intercambios persoais buscando solucións colaborativas de problemas
Despois falou sobre a aprendizaxe colaborativa mediada por ordenador

Expuxo os seguintes proxectos colaborativos:
• Iearn: Ofrece ferramientas e un espazo para que docentes y mozos e mozas traballen xuntos a través da rede http://iearn.com . Implican un producto final da aprendizaxe realizada a través da colaboración
• Epals http>://www.epals.com. Pódense ver oos proyectos e elegir o que interese
• Globalschoolnet.org www.gsn.com
• Science across the worls www.scienceacross.org
• Etwinning www.etwinning.net
• Ciese www.k12science.org

Descanso e imos a pola 2ª conferencia do día




No hay comentarios: