sábado, mayo 08, 2010

Videoxogos e creatividade

"-Pirata1: ¿É que non te sabes ningunha historia NOVA?
-Guybrush: Ben, a verdade é que por iso estou aquí na illa Scabb. Emprendo unha aventura completamente nova.
-Pirata2: ¿Deixarte bigode?
-Guybrush: Non. Algo máis grande.
-Pirata2: ¿Barba?"
Monkey Island

Os videoxogos non afectan aos nenos. 
Se fose así e o Comecocos nos afectara a nós cando eramos nenos, agora estariamos deambulando por lugares escuros, comendo pílulas máxicas e escoitando ritmos electrónicos repetitivos.

Kristian Wilson, 
portavoz de Nintendo (1989
)

A tolería de ir a Barcelona a un seminario de videoxogos tiña que pagar a pena. 
Ir a Barcelona casa sempre compensa. Saír as 9 e media de A Coruña cun día soleado e chegar a Barcelona a todo chover, resulta raro.
Agapito e máis eu iamos a un seminario da Universitat de Barcelona dun Proxeto educativo Europeo chamado Proactive.
Este Proxecto ten a súa orixe na consideración do ano 2009 como
 Ano europeo da creatividade e da innovación e que ten como obxectivos:
  • Promover a creatividade dos educadores en diferentes campos de aprendizaxe permanente
  • Desenvolver un enfoque conceptual para integrar varias metáforas de aprendizaxe en escenarios baseados en xogos
  • Desenvolver experiencias de aprendizaxe innovadoras baseadas en TIC
  • Desenvolver unha cultura de ensino creativa en diferentes niveis educativos
Neste proxecto participan 
Universitade de Barcelona (coordinador), 
Universidade de Roma, 
CAST Limited – Inglaterra, 
Universidade de Napoli , 
Universidade Complutense de Madrid e a 
Universidade de Bucharest - Romania.
Neste seminario presentouse todo este proxecto e as ferramentas para a realización de videoxogos educativos e a posibilidade de participar no mesmo. Esta posibilidade de participación concretaríase en crear algún, ou algúns, grupos de profesores e profesoras interesados na creación de videoxogos educativos utilizando  ou eutopia
Cando saimos do seminario xa case era noite e seguía chovendo (“It’s raining cats and dogs” ;-), cada día domino máis a lingua do imperio). Ceamos e para cama ao día seguinte o espertador soaría as 5 menos cuarto para coller o avión ás 7.
Merecera a pena. Seguimos a ser uns privilexiados polas posibilidades que temos de sair para coñecer o que se coce por aí fóra

No hay comentarios: