Non me apetece máis butifarra
Hoxe quero xiba
Tocaba conferencia sobre Como traballar as intelixencias múltiples na escola. Impartida por 3 monxas do Colexio Montserrat. A diferencia da conferencia de hai 4 anos, este ano no explicaron as intelixencias múltiples senón que presentaron unha serie de materiais como Entusiasmat. Matemáticas desde os 0 aos 12 anos.
Ensinan estratexias. Cada dia calculo mental, xogos de demostración, xogos de cubos, historias. para pensar, matixogos, diario de de entusiasmat.
Moi interesante. Tocaba a 1ª sesión de comunicacións.
Eran comunicacións paralelas. Eu asistín ás que se daban na aula Magna.
A 1ª foi "Estem de festa" de M. del Mar Lluelles e Inma Palahí. Nesta webquest pretenden elaborar un libro dixital potenciando o traballo colaborativo, dando a coñecer as festas populares catalanas mediante un traballo interdisciplinario. Tentaron seguir todas as pautas da WAI para facer a webquest accesible a todos.
Outra das presentadas foi a de Sebastia Capella e Carme Barba unha experiencia compartida de Música, Astronomía e competencia dixital. "Un Missatge sonor a l'univers".
Tocaba ir comer. Fomos a unha pizzeria no Carrer Gaudí con vistas á Sagrada Familia
No hay comentarios:
Publicar un comentario