domingo, marzo 12, 2006

1ª xornada en Barcelona

Oh ! Benvinguts, passeu, passeu
de les tristors en farem fum.
A casa meva és casa vostra,
si és que hi ha casa d’algú.
Jaume Sisa


Despois dunha viaxe sen ningún tipo de problemas, se non consideramos como tal o retraso de media hora na saída do avión e un recorrido en taxi de 1 hora polos problemas do venres noite, chegamos ás 18h 45 min á Casa de Convalescencia do Hospital de Sant Pau e de la Santa Creu dependente da Universidade Autónoma de Barcelona. A próxima vez que visitedes Barcelona e vaiades á Sagrada Familia, collede o Carrer Gaudi que vos levará directamente ata unha das entradas a este hospital edificado por Domènech i Montaner .
Cando recollimos as acreditacións e o material repartímomos polos diferentes talleres aos que estabamos apuntados. Eu estaba anotado a un que tiña por título "Projects telemàtics i webquest". Resultou interesantísimo. Un proxecto telemático consista na realización de proxectos cooperativos entre centros escolares de todo o mundo. Estes proxectos están baseados en Internet traballando un centro de interese para producir un coñecemento aberto.
Descubrín diferentes proxectos que poderían ser aplicados directamente no noso colexio como una biblioteca de libros recomendados, este outro sobre o clima, este sobre arte na rúa Publicart ou este sobre a diversidade. Para saber máis sobre proxectos podedes visitar as páxinas de Iearn Pangea
Cando rematamos cada un os nosos talleres collimos uns taxis e fomos para o hotel. O hotel estaba perfectamente situado en pleno centro de Barcelona pegado a Las Ramblas e á Plaza de Cataluña.
Despois de deixar as cousas no hotel saímos a cear. Recorrimos uns cantos KM. ata que chegamos a un restaurante recomendado por J. Luis, chamado Lázaro que está na rúa Aribau onde ceamos. De volta para o hotel baixamos polo Paseo de Gracia onde poidemos volver a disfrutar co xenio de Gaudi coa Pedrera e a Casa Batllo

Antes de volver ao Hotel, momento no que algúns cunha carga de idade xa considerable decidiron adiantar o seu retorno á cama, paseamos polas Ramblas e intentamos tomar algo no Cafe de L´Opera onde nos vimos asediados pola tuna cantando Clavelitos que nos obligou a retirarnos aos nosos cuarteis, ou sexa ao hotel. Moito me lembrei de Torrente e do seu odio á Tuna.

No hay comentarios: