Hoy puede ser un gran día,
plantéatelo así,
aprovecharlo o que pase de largo,
depende en parte de ti.
Dale el día libre a la experiencia
para comenzar,
y recíbelo como si fuera
fiesta de guardar.
No consientas que se esfume,
asómate y consume
la vida a granel.
Hoy puede ser un gran día,
duro con él.
Joan Manuel Serrat
Por fin cheghou o gran día. Ás 7 e media da mañá mentres que intentamos almorzar (agora que o penso ,Jose Carlos come como se fose a última vez, non sei onde mete todo), seguen sen resolverse as dúbidas sobre se ler ou non ler. As recomendacións duns aos outros son semellantes as que se dan os futbolistas antes de saír ao campo (pero sen palmadiñas no cú, ¡¡non pensedes mal!!), as recomendacións do adestrador son que busquen caras amables a quen dirixirse, que beban auga porque a boca vaiselles quedar seca, que non lean e que como non o fagan ben vailles meter dous tiros. Chegamos ao Centro de Convencións. A 1ª que vai actuar é Marica. Diríxese á sala Michoacán 2 onde se vai producir o gran evento. Montse, Mª Jesús e Jose Carlos van á sala Vip para concentrarse (por certo, isto da sala Vip eu o tiña máis mitificado un sofá, dous pc, unha cafeteira e cobertura wifi era todo o que había). Xesús e máis eu decidimos deixalos descansar e para aproveitar os 45 minutos que faltaban para a exposición de Marica asistimos a ponencia de Catherine Stoodley sobre "Cerebro e lectoescritura" onde falou sobre o que sucede no cerebro mentres lemos e aprendemos a ler. Explicounos que a lectura é unha das tarefas máis complexas que teñen que aprender os seres humanos xa que involucra o xogo coordinado dos sistemas visuais, auditivos, motores e lingüísticos do cerebro. Cando xa estaba empezando a collerlle o sentido a todo ese mundo de conexións neuronais, corteza, lobulos dereitos e esquerdos e cousas semellantes, tivemos que deixar tan brillante disertación para asistir ao momento histórico. Marica e con ela todo o profesorado do Ceip Ponte dos Brozos implicado no Proxecto Ponte dos Brozos ía debutar no estranxeiro. Ía debutar nun acontecemento internacional, nun lugar onde estaban referencias mundiais tanto da educación como da psicoloxía ou neuroloxía.Estaba nerviosa, aínda que non o recoñecese. Falaba, falaba, falaba. Cando empezou a súa exposición estivo brillante; sen apurar, explicando moi ben as cousas bebendo auga dominando o escenario e ao público (sobre o que dixo non vou contar nada. Todos os do cole xa tedes as ponencias. Cando queirades as repasades). Os tan temidos 45 minutos quedáronselle curtos. Tiveron que ensinarlle as cartolinas de 10 e de 3 minutos. Aplausos, moitos aplausos e unha que xa cumplira.A continuación actuaba Jose Carlos e eu de teloneiro. Empecei a falar e a explicar todo o que significaba este proxecto promovido pola Fundación Amancio Ortega, das posibilidades que se nos ofrecía, do apoio que significaba para a nosa formación, do importante que era o participar en foros como este, das tremendas posibilidades que se lles abría ao noso alumnado. De todo o que tiñamos, de todo o que faciamos de como pensabamos que podiamos ir cambiando as prácticas docentes. Enrolleime. aínda que José Carlos me dicia que non me preocupase xa levaba 20 minutos e algo tiña que falar el. José Carlos dominaba a materia. Os nervios íanselle pasando. Falou moi ben. Explicou perfectamente toda a sús experiencia co Xornal da Abella. Como non todo podía saír perfecto unha das hiperligazóns non funcionou. Comprobaramos todo, pero esa non funcionou. Para que Xabier diga que non hai meigas na informática. Aplausos, máis aplausos, felicitacións, bicos e apertas por parte da moderadora de mesa (moi importante a figura da moderadora de mesa. Esta daba tranquilidade e confianza. A prensa demandou a nosa presenza para facernos unha entrevista. Non é coña.
Despois do descanso tocáballes, como fin de festa e artistas invitadas, actuar a Montse e Mª Jesús. Sobradas. Contaron todo e máis sobre como traballan cos nomes e cos números. Co dominio que tiñan do escenario ata solicitaban ao público que subisen a bailar con elas. Montse e Mª Jesús falaron explicaron e comentaron todo o seu traballo. Varias preguntas e moitos aplausos puxeron fin a súa intervención.
Xa acabaramos todos, xa podiamos empezar a disfrutar de verdade do que quedaba de congreso. Pero iso conteréivolo cando volva xa que en 15 minutos deixamos o hotel e nos toca desandar o camiño feito. Son as 5 e media GMT+2, as 9 e media GMT-6 e ata o luns ás 23 horas non estaremos en Alvedro . Estou subindo as fotos desde un boeing 747 a 12 mil metro de altitude
2 comentarios:
Xa vexo que se pasa ben por México. Da a sensación de que todo é picante, ata os refrescos. Cambiáronvos por alá: prensa, bicos... En serio, unha semana fóra e sodes outros/as.
De todoas formas, abrazos, parabéns, grazas. Que o asunto non quede aí.
Só comentar un par de cousas:
Que pagou a pena asistir a este Congreso pola posibilidade de coñecer experiencias novas ademais de por ver que sensacións se sinten cando un expón o seu traballo.Anímovos a que o fagades.Neste congreso alguén dixo" Sólo si haces las cosas, las puedes mejorar ".
A outra cousa é que o derradeiro día tamén asistimos a Ponencias e eu estiven na de Mª Angeles Caballero Hernández que nos falou da existencia dun xornal en Internet onde os/as nenos/as que estan aprendendo a ler i escribir poden compartir as súas historias, debuxos e ideas.Pareceume unha idea interesante e por si alguén quere saber mais ahi vos deixo o enderezo
http://www.dioperico.com
Publicar un comentario