Tecnocentrismo:
Tendencia a ubicar a tecnoloxía por diante das persoas
e no centro da escena educativa
Seymour Papert
Un dos maiores riscos que corremos, nun proxecto como o noso e ser capaces de introducir a tecnoloxía nas aulas pero cun obxectivo único: A construcción da aprendizaxe do alumnado. Actitudes tecnocentristas e supeditar todo á máquina, deben quedar fora da nosa actividade, o cal non quere dicir que non debamos probar e comprobar o funcionamento de novas técnicas e ferramentas que poden favorecer a aprendizaxe do alumnado.
Despois do café tocaban os talleres prácticos. Todos interesantísimos e novidosos, aínda que uns máis que outros. Eu estaba matriculado nun de Códígos QR e outro de Stop Motion, ao final puiden cambiar o de Stop Motion por outro de Realidade Aumentada. Agapito, á parte do de AR foi a un de Contidos Lams.
Os códigos QR, dos que tedes unha mostra arriba, serven para crear información e trasladala ao resto da xente que queramos que a vexa. Para coñecer o contido necesítase un móbil con cámara e un programa para ler estes códigos.Presentounos varias posibilidades para utilizar na aula:
- Resultados dunha proba, colocados ao final da mesma
- Reconstrucción de frase a través de palabras soltas
Utilidade educativa? Mentres non permitamos móbiles nas aulas, ningunha.
O de Realidade aumentada foi un obradoiro práctico onde se nos ensinaron. diferentes usos de realidade aumentada no mundo da educación, tanto desde un ordenador coma des de o teléfono. Tamén se amosan os pasos para que calquera poda facilmente crear este tipo de experiencia
Utilidade educativa? Moi alta como mostra o video seguinte
No hay comentarios:
Publicar un comentario