Do resto de participantes destacar as seguintes achegas:
a necesidade de completar os libros de texto cos dispositivos móbiles
a conciencia que teñen as editoriais de crear contidos dixitais
urxencia de formar ao profesorado no referente a toda a tecnoloxía emerxente.
Deste último tema estanse a levar a cabo traballos en países coma o Senegal en colaboración con NOKIA e a UNESCO.
Pierre-Jean Loiret, representando a ORANGE presentou o "kit pedagóxico" que ofrecen aos países aos que lles dan soporte.
E por último esa tarde coñecemos IFADEM, plataforma móbil fora de liña (offline) de aplicación para as actividades educativas dos mestres/as.
Foi fascinante poder falar nos descansos con xente coma Martín Restrepo (Brasil) ou Luís Garibaldi (Uruguay) os cales lles puidemos expoñer o noso proxecto PDB e intercambiar ideas para posibles futuras colaboracións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario