martes, marzo 12, 2013

DÍA 3-Xornada da tarde.


Destacamos as seguintes intervencións:
Elena Duro (UNICEF), Corina Lusquiños   e Hugo Labate, estes dous últimos do Proxecto Gema deron a coñecer o programa “SMILe-CIS” (desenvolto co apoio de UNICEF Arxentina). Trátase dunha ferramenta de administración dirixida, principalmente, a directores para compartir mensaxes con información xeral, consellos, coñecementos e datos sobre o proceso de ensino.
Teija Vainio e Tanja Walsh (Universidade politécnica de Tampere) presentaron “Nokia Mobile Mathematics”, proxecto que pretende apoiar a aprendizaxe e o ensino das matemáticas con dispositivos móbiles. Realizado en zonas urbanas e rurais de África do Sur e Finlandia. Obtivéronse resultados positivos en canto a motivación do alumnado cara as matemáticas e comprobouse tamén unha mellora substancial na competencia dixital do profesorado.
Anuragini Nagar (Sesame Workshop India Trust) utilizan o poder dos medios de comunicación para axudar aos nenos/as a alcanzar o seu máximo potencial cognitivo, socio-emocional e físico. Desenvolven e distribúen contidos a través da televisión, raio, radio comunitaria e impresión dixital; dirixido a neno/as de 0-8 anos.
Clausura o acto Francesc Pedró  (xefe da sección de políticas de desenvolvemento e educación  da UNESCO) remarcando as liñas de investigación que deben dirixir os traballos durante o presente ano:
  • TICs e capacidades do século XXI
  • Novos modelos de educación. Impacto e resultados nos estudantes.
  • Avaliación da educación móbil.
Paseo e cea preto do hotel e á volta... auga quente por fin!

No hay comentarios: