martes, marzo 12, 2013

Día 2- Xornada da mañá


Non hai auga quente no hotel...sen comentarios...
O almorzo boísimo. A fama dos croissants de París é por algo.
A UNESCO está a 5' do hotel. Ás 08:30 estabamos alí para recoller a documentación e as nosas tarxetas.

Inaugura as xornadas Francesc Pedró (xefe da sección de políticas de desenvolvemento e educación  da UNESCO), Erkki Ormala (vicepresidente de Nokia) e Steve Duggan (director da sección educativa de Microsoft). Ideas centrais na que se basearían o resto dos relatorios:
  • innovación educativa
  • conseguir a igualdade de oportunidades en países subdesenvolvido e en sectores máis desfavorecidos como é o das nenas e mulleres
  • potenciación da aprendizaxe móbil para fomentar a escolarización dos sectores máis desfavorecidos
Expón Bhanu Potta (representante de Nokia) "Bringing mobile learning to scale: lessons and challenges”. Explica os programas Nokia Life e a versión mellorada Nokia Life+. Programas que se basean na aprendizaxe a través de SMS. Colaboración con British Council e English Teacher.
Do relatorio de Dan Wagner (Universidade de Pensylvania) destacar que o camiño cara o éxito pasa por mellorar a competencia bilingüe e dixital.

Anthony Bloome e Rebekah Levi (JBS International, mEducation Alliance) marcan 6 obxectivos para a aprendizaxe da lectura a través dos teléfonos móbiles:
  1.  Aprendizaxe formal
  2. Aprendizaxe informal
  3. Contidos da lectura
  4. Formación do docente
  5. Avaliación das aprendizaxes
  6. Comunicación e divulgación
Tivemos a sorte de poder falar con Francesc Pedró (xefe da sección de políticas de desenvolvemento e educación  da UNESCO). Expuxémoslle o proxecto PDB e entregámoslle a memoria "Español con Ipad para alumnado extranjero". Mostrou moito interese e púxonos en contacto co conselleiro delegado de España para a UNESCO, José Antonio Blanco.

No hay comentarios: