Como esta xente xa vai maior, tivemos que ir cear cedo e despois dun cafe, rapidamente para cama. Non quixeron ir ao Concerto de Lila Downs no Palau de la Música
Ao día seguinte, as 7 da mañá soa o despertador. Almorzo, dous taxis e chegamos á Casa de Convalescencia del Hospital de la Santa Creu e de Sant Pau. Modernismo. Algo máis que Gaudí. Rexistrámonos. Retiramos a documentación . Saúdos A Sebas Capella e a Carme Barba
Despois da inauguración em pezou a 1ª conferencia sobre Competencia e avaliación. Neus Sanmarti .
Unha aprendizaxe competencial require conectar coa realidade, contextualizala. O contexto é o punto de partida para construir coñecemento, entendido como o conxunto organizado de saberes que permiten resolver problemas e tomar decisióins.
Se a aprendizaxe é significativa se organiza en modelos teóricos que agrupan conceptos, é útil para explicar e predecir moitos feitos, interiorizase de xeito que se pode activar (memoria si pero para cousas significativas), podese utilizar para transferilos para outras cousas
Destacou a importancia de facer preguntas nas webquest que favorezan a aprendizaxe significativa
So ensinamos información, non coñecemento
Se non cambia a avaliación non cambia nada
A avaliación regulación é o motor da aprendizaxe. Cando me equivoco e cambio estou aprendendo.
A avaliación dos resultados dun proceso de aprendizaxe o condicionas totalmente. Ten que ser moi coherente cos obxectivos, transparente e ten que sentir que ten posibilidades de éxito.
Para avaliar a competencia son necesarias preguntas relacionadas coa actuación .
Penso que a conclusión máis importante que sacamos desta charla foi que a avaliación ten que ser producticva. O alumnado ten que producir, non reproductiva na que se limite a reproducir coñecemento.
Primeira conferencia. Moito nivel. Sonia encantada. Coffee Break
1 comentario:
Querido Fernando: me ha gustado mucho tu entrada en el blog sobre las III Jornadas de Webquest. Pero a mí como me "advertisteis"tanto sobre lo "políticamente correcto"me ha quedado un tostón de resumen. Visto lo visto amenazo con otra entrada hablando de lo que en palabras de Paco Castillo sería algo así como "cartografía del bon vivant" en Barcelona.
Publicar un comentario