sábado, marzo 22, 2008

Pomeriggio 17. Visita ao Nidi de Alice

"Pero eu non quero estar entre os tolos- sinalou Alicia-
Oh! pero non podes evitalo- replicou o gato-
Aquí todos estamos tolos, eu estou tolo, ti estas tola-
Como sabes que estou tola?- preguntou Alicia-
Debes estalo, para estar aquí-".

Alicia no pais das marabillas. Lewis Carroll


Nomes sonoros. Alice, Arcobaleno (Il giorno del arco, del arcobaleno... lembrades a Nicola di Bari?), Bellelli, Rodari, Sole, Maramotti. Apontámonos para ir visitar Alice.

Colle o nome do libro de Lewis Carroll. Representa a unha nena aberta ao mundo con moita creatividade que lle atribuen aos nenos. A escola ten un entorno que se convirte noutro educador máis.


A escola fundouse no ano 1978. Pertence a rede de escolas municipais e está perfectamente adaptada para ser unha escola infantil.
Ten 4 clases para 70 nenos e nenas de 6 ata 36 meses
As secciones están situadas circularmente arredor da praza central. Zonas comunitarias ben visibles. No centro está o atelier (obradoiro) base. Hai 3 mini atelier máis para que traballen o debuxo, a musica, e outro para materiais naturais
Grande sorpresa. O edificio esta cheo de materiais considerados perigosos a disposicion dos nenos e as nenas. Pezas metalicas, legos, contas minúsculas. Con todo este material o alumnado vai facendo as súas construccións.
Usan tamén materiais naturais que veñen dos arredores da escola, de casa ou de Remida (Rei Midas, centro de reciclaxe), materiais reciclados de formas alucinantes.
Organizacion diaria:
As 9 fan unha asamblea onde comparten froita, despois conto ou lectura. Os nenos poden contar cousas.
As 10 traballo en pequeno grupo. No atelier traballan 3 grupos da mesma edade. Un traballa con tinta china, outro pinta nun caballete e outro nunha mesa de luz. Grande descubrimento o das mesas de luz, e o da utilización da luz en diferentes momentos. A mesa de luz é unha mesa baixa que ten de tableiro un tableiro translucido, debaixo deste hai un foco de luz fría que permite unhas proxeccións e unhas composicións diferentes a calquera outras

Cóntannos (non sei se crelo) que teñen ata un proxecto para os lactantes. Din que traballan con eles a polisensibilidade
Danlle información diaria as familias tanto da aprendizaxe como das circunstancias que foron sucedendo ao longo do día.

Os materiais vanse renovando cada pouco e segundo o proxecto que estén a realizar
La nostra pedagogista Anna reñiu por sacar fotos. Algo bastante incomprensible. Pódese admitir que se solicite que non se saquen fotos dos nenos e das nenas, pero nunha época onde os dereitos de autor están en discusión, onde Internet pon todo, ou case, ao alcance de todos, onde as licencias de Creative Commons están en auxe, resulta un pouco ridículo que se pretenda evitar que se fotografíen modelos de inodoros como o que aparece na foto que acompaña este texto.

No hay comentarios: