sábado, marzo 22, 2008

Matina do 17. Despois do café

Cattivo odore,
ma l'esperimento è bello

Despois do espresso ou do capuccino preséntannos un proxecto sobre o perfume que abarca todo o cotiá e rotinario.
Como axudar os adultos?. Os nenos necesitan de continuar o traballo e coñecer as reglas. A dilatacion no tempo é un bo método. A 1ª frustracción cando pensan que xa teñen o perfume é que non cheira a rosas, conseguiran que ulise a setas. "Cheira mal, pero o experimento é bonito". A avaliacion sae dos alumnos. Constrúese do dialogo entre adultos e nenos. Prodúcese unha tension que permite construir o conocimiento.
Refán o experimento. Ata conseguir o éxito
Os adultos tentan desenrolar esto. Preguntanlles e forzannos a que expliquen como o fixeron para que os alumnos doutras aulas podan levar a cabo esta experiencia. Obligan a construir unha narracion para explicar aos outros. Pasan de ter un experiencia a ter dúas: facer e narrar.
Os nenos tratan de documentar a súa experiencia e serve para crear memoria, teoría e consciencia. Acaban por facer un libro. Utilizan escritura, debuxos e fotografias.
Os nenos doutras aulas conseguen facer o perfume . Os nenos quedan extrañados de que os outros o poidan facer.

Matina intensa. Chea de experiencias aprobeitables. Imos comer (pizza). POla tarde toca visitar a 1ª escola.

No hay comentarios: