Che queste disegno? 
Disegno tutti i colori
(Giovanni, 4 anos)
 Queriamos visitar unha escola que traballase de xeito especial coa tecnoloxía. Falamos con Koldo, falamos con Alfredo, falamos con Maddalena. A mellor era a 8 de marzo. Xa estaban todas as prazas ocupadas para visitar esta escola. Conseguimos que nos deixasen visitalo a dous. Iamos Montse e máis eu. Ata agora sempre había 3 autobuses Miramos os carteis de dous dos autobuses e non aparecia este colexio, logo por exclusión tiña que ser o terceiro. Pois non. Esta mañá había 4 buses. Demonos conta nada másis arrincar. Non lle poidemos facer nada. Tiñamos que visitar un dos dous aos que ía este autobús.
Queriamos visitar unha escola que traballase de xeito especial coa tecnoloxía. Falamos con Koldo, falamos con Alfredo, falamos con Maddalena. A mellor era a 8 de marzo. Xa estaban todas as prazas ocupadas para visitar esta escola. Conseguimos que nos deixasen visitalo a dous. Iamos Montse e máis eu. Ata agora sempre había 3 autobuses Miramos os carteis de dous dos autobuses e non aparecia este colexio, logo por exclusión tiña que ser o terceiro. Pois non. Esta mañá había 4 buses. Demonos conta nada másis arrincar. Non lle poidemos facer nada. Tiñamos que visitar un dos dous aos que ía este autobús.Eliximos visitar a cooperativa Faber. Fundada no ano 1999
Xorde a partir duns cursos de formacion de Reggio Children
Esta non era unha escola municipal senón que é unha cooperativa concertada polo concello. Prodúcese a colaboración entre o público(concello) o privado (cooperativa) e o privado social (Reggio Children). O control e a formacion lévase a cabo por parte de Reggio Children
A escola non era un centro creado para ser escola senón que se aproveitou unha mansión, Vila San Justo, de estilo liberty de metade 1800. Ten 3 pisos, un xardin moi grande, un lago feito dun bebedeiro dos cabalos. O atelier está no faiado. Neste hai un Pc con escaner
Nas aulas hai un pc en cada unha. Debuxan usando o Paint. Das cousas que máis nos chaman a
 atención e a utizacion da luz. Usan o retroproxector para facer diversas composicions visuais.
atención e a utizacion da luz. Usan o retroproxector para facer diversas composicions visuais.Nas aulas todo é reciclado e todo está ordenado. Hai multitude de estanterías e caixiñas. En vez de arquivadores usan blocks de follas de plástico para gardar os traballos dos nenos.
Nesta aula están a facer un proxecto que ten como base a ponte de Calatrava que hai sobre a autoestrada en Reggio Emilia. Teñen música ambiental. Este proxecto saiu da visita dos nenos cando inauguraron a ponte. Debuxana, e despois intentan reproducila cos diferentes materiais que hai no mini atelier da súa clase.
Mentres tanto no atelier hai 7 nenos de diferentes idades. Pintan, xogan con pezas, proxectan imaxes desde o pc. Mesas de luz omniprentes. Estes 7 nenos están a cargo da atelierista.
Usan camisetas enormes para pintar coa tinta china. Non teñen mandilón.
Nas clases, 26 nenos, 3 mestras xa que hai un neno con N.E.E. todo é actividade: tinta china, rotulador, acuarela, construccións. Estan tentando reproducir un castelo modelo alpino. Cun proxector de diapositivas proxectan o castelo sobre a parede os alumnos que están nesta estancia, recortan, pintan no pc, reproducenno usando materiais que teñen na aula. No mini ateluer modelan con creta (barro).
Ricardo pide ver a pda e fai estoupar unhas cantas bolas.
Cada clase consta de 4 estancias comunicadas entre si e cun servicio na mesma aula. As mestras levan rexistro de todo o que fan.
 Noutra aula, 5 anos, a tenda está aberta, unha nena co delantal fai a comida, no mini atelier seguen co proxecto da ponte. Outros usan rolos de papel para levantar torres. Levan control de todo o que fan nos talleres . Giovanni pinta no caballete e canta. Está feliz. Debuxa tutti i colori. A súa colega, Sara, polo outro lado do caballete fai unha paisaxe preciosa
Noutra aula, 5 anos, a tenda está aberta, unha nena co delantal fai a comida, no mini atelier seguen co proxecto da ponte. Outros usan rolos de papel para levantar torres. Levan control de todo o que fan nos talleres . Giovanni pinta no caballete e canta. Está feliz. Debuxa tutti i colori. A súa colega, Sara, polo outro lado do caballete fai unha paisaxe preciosaSaio ao xardín. Algúns nenos saen a xogar. Os nenos ao futbol, as nenas aos columpios. Sen comentarios. Un dos futbolistas non solta un dinosaurio
Chega o momento de poñer en común todo o que vimos e de facer as preguntas necesarias sobre o que non comprendimos, disfrutando dun aperitivo que nos preparou a encargada da cucina.
Sobre os atelierista informaronnos de que teñen unha formacion distinta a dos nmestres, mais artistica. Non ensina tecnica pictórica ningunha acompaña aos nenos na súa aprendizaxe. O atelier non é un laboratorio. Toda a escola e un laboratorio.
Datos para reflexionar: Horario laboral. 33 horas semanais de docencia e 5 de coordinación. Total 38 horas semanais. Sen comentarios.
 
2 comentarios:
Comentarvos que Angeles e mais eu fomos á escola " A Gabbianella" ( A gueivota , en galego) que ten moitas semellanzas coa comentada por Fernando.
Foi fundada tamén no ano 1999 e esta xestionada polo concello de Reggio Emilia e a Sociedade Cooperativa TOTEM. Ten uns servicios educativos de 0-6 anos.
O edificio foi feito logo da posguerra e adaptado posteriormente. Consta de dous andares e un sotano. Neste último esta o atelier de animación mais unha despensa e unha oficina, logo no primeiro andar a cociña , o comedor , espacio para adultos e a sección B. E no andar superior as seccións B e nido , mais o atelier natural. Todo comunicado por unha escada que era o obxectivo dos atelier neses momentos , a decoración. Os nenos decidiron chamala o tobogán do arco da vella e , a partires deste nome, ían vendo como facela mais bonita.
ö redor da casa hai un espacio verde con duas pequenas hortas ( con herbas aromáticas) e mais un "tanangolo" ( a traducción sería a cova do angolo), que é unha "cabaña ou caseta" feita con polas da poda das árbores do xardín. Na súa elaboración participaron @s nen@s , pais/nais e un atelierista. Mais tarde fíxose un camiño con baldosas feitas pol@s nen@s cun diseño orixinal cada unha delas.
A Gabbianella oferta un lugar educativo que pretende promover e revalorizar unha idea forte de infancia, dos seus dereitos e da súa potencialidade, propoñendose como unha oportunidade de relacion e dialogo coas familias e a cidade para construir xuntos un proxecto educativo feito da colaboración e da corresponsabilidade.
A súa estructura organizativa consta de 78 nen@s organizados en tres secciones ( niveles).
Secc. Nido: 24 nen@s de 12 a 33 meses , con tres mestras.
Secc. A: 27 nen@s de 3-4 anos con duas mestras
Secc. B: 27 nen@s de 4-5 anos e duas mestras.
Tamén hai unha pedagoga, un atelierista, outra mestra para a prolongación do tempo, unha cociñeira e a súa axudante , mais tres limpadoras.
Os horarios van das 7.30 ás 16.00, puidendo prolonga-lo tempo ata as 18.50.
As aulas son moi amplas ahi moitos espazos. Todo está moi limpo e ordeado.
Nas aulas tamén hai moitisimo material reciclado procedente de Re Mida e , nese moemnto, @s nen@s están agrupados por currunchos ( o da constructividade grande, o de pintura, contructividade pequena, o da mensaxeríae, o do xogo simbólico, o da biblioteca. O abiente é moi tranquilo e traballan sabendo cada un o que ten que facer. Manexan materias que de ningunha das maneiras lle deixariamos aquí polo seu perigo ( botóns pequenos , latas , aramios, ...), pero as mestras din que non hai problema e que están habituados.
Cando remata o tempo, xúntannos e , na asamblea, vai cada un contando o que estivo facendo durante ese tempo.
No atelier traballaban na decoración de paeis con acuarelas e recortando papeis. Un grupiño de catro ou cinco nen@s.
Chegou a hora de xantar e vimos como nenos que de 2-3 anos poñían a mesa para os demais. Facíano moi responsablemente e de xeito autonomo. A verdade é que quedamos con ganas de gravalo en imaxes pero eso non era posible.
Vimos un Pc pero , pola súa situación , veíase que non era usado polos nen@s ,( ainda que logo na reunión posterior se nos dixo que sí, ás veces).
Moito material ó alcance dos nen@s e moita recollida de datos e fotografias cos proxectos feitos.
As mestras cunha idade media de 23-24 anos ( todas) o que, a min, dame que pensar en canto a contratacións.
Logo na reunión posterior comentaronnos que non usaban as TIc por motivos económicos e porque non habñia unha necesidade grande por parte de ninguén. Que o horario é o mesmo que comenta Fernado e que as mestras continuan ciclo (sempre e cando sexa posible).
Moitas grazas, José Carlos. Completa a matina
Publicar un comentario