martes, marzo 28, 2006

Lectoescritura en Morelia. O gran día (2ª parte)

Encima de un Hormiguero
te voy a dejar sentada
a ver que carita pones
cuando te sientas picoteada
(Estribillo dunha canción no Karaoke do hotel)
Despois do subidón de pola mañá, e de todas as sensacións desatadas, chegou a calma. Nada mellor que unha boa tormenta para relaxarse. Empezou a caer o que non está nos escritos. Aínda que pareza que non, os mexicanos aínda que che digan "Ahorita mismo" e as cousas non cheguen nunca (se alguén ten algunha dúbida sobre este punto pode preguntarlle a Jose Carlos o que pasou co rato que solicitou para a súa exposición), o recinto estaba preparado para a chuvia. Era curioso caía a auga e o cabo de nada o chan estaba seco. Comimos o noso paquete de comida, hoxe tocaba unha ensalada de non se sabe que, un sandwich (picante) e unha mazá e preparámonos para a sesión da tarde. Nesta sesión, xa a última do congreso, ían participar dúas das ponentes que eu ía escoitar con maior interese.
A 1ª era a de Sue Thorne de Nova Zelanda "Aprendiendo a leer y escribir en Nova Zelanda" onde falou sobre a razón para que os nenos e as nenas do seu pais estean entre os mellores lectores do mundo. Explicounos que a escolarización no seu pais empeza aos 5 ou 6 anos. Presntounos 4 programas para realizar cos pais
:
  • PAFT: Os pais son os 1º mestres. É un programa de axuda aos pais para que axuden aos seus fillos. Está dirixido a pais e nais de nenos e nenas de 0 a 3 anos. Visítannos na casa. Controlan os problemas tempranos que podan aparecer nos nenos.
  • HIPPY: É un programa para os nenos e as nenas de 4 e 5 anos para traballar os pais na casa 20 minutos ao día
  • Book in Homes. Os nenos poden seleccionar libros para levar para casa. Este programa compleméntase coa visita ás escolas de famosos (deportistas, músicos, actores, novelistas,...)
  • Picking up the pace: Con este programa pretenden mellorar a lectoescritura.
Cando a representante de Nova Zelanda subiu ao estrado Pirjo Sinko. A representante finesa intentou explicar a razón da situación de Finlandia no informe PISA. Empezou dun xeito moi simpático explicando que a razón non estaba só en que como estaba case todo o ano nevando a xente non tiña nada mellor que facer que estudiar. Contou entre risas que o que máis os contentaba era que estaban por riba de Suecia. (Estes nórdicos que parecen tan fríos parece que tamén teñen corazón, e que a rivalidade son é só cousa dos do sur e que é algo máis que o Depor contra o Celta). Xa na parte seria do seu discurso entrou nas posibles razóns do exito finés no informe Pisa.
  • Iguladade de oportunidades para todos. Sen importar o lugar de residencia, a lingua ou a orixe
  • Educación sostida con fondos públicos (Moi divertida a anecdota que contou sobre a incredubilidade dun mexicano cando lle explicou que os que non tiñan fillos tamén tiñan que pagar impostos para soster a gratuidade do ensino)
  • A administración é flexible cos currículos
  • A Educación básica é comprensiva e non selectiva.
O permiso de natalidade das nais e de un ou 2 anos e ningunha empresa pode contratar a unha nai con permiso.
Non existe a secundaria e o ensino básico dura 9 anos. Antes de primaria só hai un ano de pre-primaria. E antes os nenos e as nenas están a cargo doutras administracións con actividades tipo ludoteca.
Os principios básicos da educación en Finlandia son os seguintes:
  • Un profesorado moi valorado e con gran consideración social.
  • Concepción socio-constructivista da educación
  • Apoios individuais aos nenos e as nenas
  • Aprender para a vida non para un exame
Cando rematou a charla de Pirjo Sinko empezou a ceremonia de clausura pasamos á ceremonia de clausura onde os representante s de Albacete recolleron o testigo de Morelia para celebrar o ano que ven un congreso sobre a paz. Actuaron uns childrens (como diría Mosquera) e deuse por clausurado o congreso.
E nós decidimos ir a celebralo. Volvimos ao centro histórico de Morelia onde ceamos nun restaurante que nos recomendara Eduardo o vicepresidente de Amei-Waece Los Juaninos restaurante maravilloso colocado xusto enfrente da catedral. Coindiu a nosa estancia no restaurante con que empezou o espectáculo do encendido das luces da catedral. As luces empézanse a acender pouco a pouco acompañadas, ese día, non sei se sempre, por música de Vangelis de 1492.
Ceamos moi ben e decidimos que a cervexa que máis nos gusta de México é a Modelo Especial. Uns cafes, outros tequilas e volta ao hotel onde tomamos (só algúns) outros tequilas reposados (Reposados os tequilas, non nós) e fomos para a cama. Ao día seguinte había que desandar o andado

No hay comentarios: