El 2 de octubre llegamos
Todos pacíficamente
A un mitin en Tlatelolco
Quince mil en contingente.
Año del sesenta y ocho
¡qué pena me da acordarme!
La plaza estaba repleta
Como a las seis de la tarde.
Grupos de obreros llegaron,
El magisterio consciente
Los estudiantes lograron
Un hermoso contingente.
Todos pacíficamente
A un mitin en Tlatelolco
Quince mil en contingente.
Año del sesenta y ocho
¡qué pena me da acordarme!
La plaza estaba repleta
Como a las seis de la tarde.
Grupos de obreros llegaron,
El magisterio consciente
Los estudiantes lograron
Un hermoso contingente.
Corrido commemorativo da masacre do 68.
Cantado por Soledad Bravo
![](http://photos1.blogger.com/blogger/4289/2321/320/IMG_2521.jpg)
Todos temos mitos. Todos temos referencias históricas. Un dos meus é o que sucedeu o dous de outubro de 1968 no Tlatelolco. Cando se fala do 68 normalmente se cita o maio francés, a primavera de Praga, a revolución cultural china, pero moi poucas veces se cita a Matanza da praza de Tlatelolco. Oriana Falacci e José Mª García (Si ese José Mª García) contan ao mundo o que está a pasar nesa cidade.
Este primeiro día da nosa estancia en Mexico empezara dun xeito excepcional. Nada máis erguernos enterámonos do alto o fogo de ETA.
Á Praza das 3 Culturas pásalle como a moitos mitos. Cando as ves na realidade decepcionan un pouco. Nin é tan grande nin tan simbólica como esperabas, pero ten un algo que a fai especial. Sentir as pégadas de Cauathemoc, de Malinche, de Cortés mesturados cos estudandes faina especial.
Cando deixamos o Tlatelolco collimos o metro para dirixirnos ata o centro histórico. Grandioso sistema de transporte o metro. Rápido, seguro, eficaz e barato. En México DF custa 2 pesos. Menos de 20 cent. de Euro. Chegamos ao Zócalo centro do centro histórico de MÉxico DF. Praza maxestuosa; por un lado a catedral, por outro o Parlamento. Dentro deste uns maravillosos murais de Diego Rivera contándonos toda a historia de México. Nas rúas dos arredores do Zócalo puidemos disfrutar dun dos máis coloristas e especiados mercadiños que vin nunca. Máis colorista que os de Estambul ou de Túnez. Cuns
olores abraiantes. A xente publicitando a toda voz os seus artigos. Había de todo menos un CD de mariachis que se me deu por buscar, ata Jose Carlos atopou un xersei dun equipo mexicano para Indy.
![](http://photos1.blogger.com/blogger/4289/2321/320/IMG_2526.0.jpg)
Saímos e fomos para a Zona Rosa. Esta parte nova de DF é calcada a todas as zonas finacieiras e de compras de calquera grande urbe. Preciosos rañaceos de cristal e aceiro, inmensos bulevares e un tráfico aterrador. Comimos nun Vip (como se estivesemos no centro de Ocio de El Puerto). Foi comendo cando nos enteramos de que o Deportivo, por fin, gañara un partido en casa (Grazas Daniel) e saímos en dirección ao hotel para coller o coche e recorrer os máis de 300 km. que nos quedaban para chegar a Morelia. Mentres andabamos polo Paseo de La Reforma sorprendeunos a cantidade de polic¡a que había.
¡¡¡Nos non fixéramos nada!!! Un policia díxonos que era porque estaba reunido el Foro del Agua e se esperaban disturbios nesa zona.
![](http://photos1.blogger.com/blogger/4289/2321/200/IMG_2544.jpg)
A viaxe foi pesada pero moi divertida, perdímonos unha cantas veces, pagamos varias máis, divertímonos coas mensaxes publicitarias e coa cantidade de xente que nos ía meter dous tiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario