martes, marzo 28, 2006
Webquest Barcelona
Lectoescritura en Morelia. O gran día (2ª parte)
Despois do subidón de pola mañá, e de todas as sensacións desatadas, chegou a calma. Nada mellor que unha boa tormenta para relaxarse. Empezou a caer o que non está nos escritos. Aínda que pareza que non, os mexicanos aínda que che digan "Ahorita mismo" e as cousas non cheguen nunca (se alguén ten algunha dúbida sobre este punto pode preguntarlle a Jose Carlos o que pasou co rato que solicitou para a súa exposición), o recinto estaba preparado para a chuvia. Era curioso caía a auga e o cabo de nada o chan estaba seco. Comimos o noso paquete de comida, hoxe tocaba unha ensalada de non se sabe que, un sandwich (picante) e unha mazá e preparámonos para a sesión da tarde. Nesta sesión, xa a última do congreso, ían participar dúas das ponentes que eu ía escoitar con maior interese.A 1ª era a de Sue Thorne de Nova Zelanda "Aprendiendo a leer y escribir en Nova Zelanda" onde falou sobre a razón para que os nenos e as nenas do seu pais estean entre os mellores lectores do mundo. Explicounos que a escolarización no seu pais empeza aos 5 ou 6 anos. Presntounos 4 programas para realizar cos pais:
- PAFT: Os pais son os 1º mestres. É un programa de axuda aos pais para que axuden aos seus fillos. Está dirixido a pais e nais de nenos e nenas de 0 a 3 anos. Visítannos na casa. Controlan os problemas tempranos que podan aparecer nos nenos.
- HIPPY: É un programa para os nenos e as nenas de 4 e 5 anos para traballar os pais na casa 20 minutos ao día
- Book in Homes. Os nenos poden seleccionar libros para levar para casa. Este programa compleméntase coa visita ás escolas de famosos (deportistas, músicos, actores, novelistas,...)
- Picking up the pace: Con este programa pretenden mellorar a lectoescritura.
- Iguladade de oportunidades para todos. Sen importar o lugar de residencia, a lingua ou a orixe
- Educación sostida con fondos públicos (Moi divertida a anecdota que contou sobre a incredubilidade dun mexicano cando lle explicou que os que non tiñan fillos tamén tiñan que pagar impostos para soster a gratuidade do ensino)
- A administración é flexible cos currículos
- A Educación básica é comprensiva e non selectiva.
Non existe a secundaria e o ensino básico dura 9 anos. Antes de primaria só hai un ano de pre-primaria. E antes os nenos e as nenas están a cargo doutras administracións con actividades tipo ludoteca.

Os principios básicos da educación en Finlandia son os seguintes:
- Un profesorado moi valorado e con gran consideración social.
- Concepción socio-constructivista da educación
- Apoios individuais aos nenos e as nenas
- Aprender para a vida non para un exame
E nós decidimos ir a celebralo. Volvimos ao centro histórico de Morelia onde ceamos nun restaurante que nos recomendara Eduardo o vicepresidente de Amei-Waece Los Juaninos restaurante maravilloso colocado xusto enfrente da catedral. Coindiu a nosa estancia no restaurante con que empezou o espectáculo do encendido das luces da catedral. As luces empézanse a acender pouco a pouco acompañadas, ese día, non sei se sempre, por música de Vangelis de 1492.Ceamos moi ben e decidimos que a cervexa que máis nos gusta de México é a Modelo Especial. Uns cafes, outros tequilas e volta ao hotel onde tomamos (só algúns) outros tequilas reposados (Reposados os tequilas, non nós) e fomos para a cama. Ao día seguinte había que desandar o andado
domingo, marzo 26, 2006
Lectoescritura en Morelia. O gran día
Convencións. A 1ª que vai actuar é Marica. Diríxese á sala Michoacán 2 onde se vai producir o gran evento. Montse, Mª Jesús e Jose Carlos van á sala Vip para concentrarse (por certo, isto da sala Vip eu o tiña máis mitificado un sofá, dous pc, unha cafeteira e cobertura wifi era todo o que había). Xesús e máis eu decidimos deixalos descansar e para aproveitar os 45 minutos que faltaban para a exposición de Marica asistimos a ponencia de Catherine Stoodley sobre "Cerebro e lectoescritura" onde falou sobre o que sucede no cerebro mentres lemos e aprendemos a ler. Explicounos que a lectura é unha das tarefas máis complexas que teñen que aprender os seres humanos xa que involucra o xogo coordinado dos sistemas visuais, auditivos, motores e lingüísticos do cerebro. Cando xa estaba empezando a collerlle o sentido a todo ese mundo de conexións neuronais, corteza, lobulos dereitos e esquerdos e cousas semellantes, tivemos que deixar tan brillante disertación para asistir ao momento histórico. Marica e con ela todo o profesorado do Ceip Ponte dos Brozos implicado no Proxecto Ponte dos Brozos ía debutar no estranxeiro. Ía debutar nun acontecemento internacional, nun lugar onde estaban referencias mundiais tanto da educación como da psicoloxía ou neuroloxía.Estaba nerviosa, aínda que non o recoñecese. Falaba, falaba, falaba. Cando empezou a súa exposición estivo brillante; sen apurar, explicando moi ben as cousas bebendo auga dominando o escenario e ao público (sobre o que dixo non vou contar nada. Todos os do cole xa tedes as ponencias. Cando queirades as repasades). Os tan temidos 45 minutos quedáronselle curtos. Tiveron que ensinarlle as cartolinas de 10 e de 3 minutos. Aplausos, moitos aplausos e unha que xa cumplira.
A continuación actuaba Jose Carlos e eu de teloneiro. Empecei a falar e a explicar todo o que significaba este proxecto promovido pola Fundación Amancio Ortega, das posibilidades que se nos ofrecía, do apoio que significaba para a nosa formación, do importante que era o participar en foros como este, das tremendas posibilidades que se lles abría ao noso alumnado. De todo o que tiñamos, de todo o que faciamos de como pensabamos que podiamos ir cambiando as prácticas docentes. Enrolleime. aínda que José Carlos me dicia que non me preocupase xa levaba 20 minutos e algo tiña que falar el. José Carlos dominaba a materia. Os nervios íanselle pasando. Falou moi ben. Explicou perfectamente toda a sús experiencia co Xornal da Abella. Como non todo podía saír perfecto unha das hiperligazóns non funcionou. Comprobaramos todo, pero esa non funcionou. Para que Xabier diga que non hai meigas na informática. Aplausos, máis aplausos, felicitacións, bicos e apertas por parte da moderadora de mesa (moi importante a figura da moderadora de mesa. Esta daba tranquilidade e confianza. A prensa demandou a nosa presenza para facernos unha entrevista. Non é coña.Despois do descanso tocáballes, como fin de festa e artistas invitadas, actuar a Montse e Mª
Jesús. Sobradas. Contaron todo e máis sobre como traballan cos nomes e cos números. Co dominio que tiñan do escenario ata solicitaban ao público que subisen a bailar con elas. Montse e Mª Jesús falaron explicaron e comentaron todo o seu traballo. Varias preguntas e moitos aplausos puxeron fin a súa intervención.Xa acabaramos todos, xa podiamos empezar a disfrutar de verdade do que quedaba de congreso. Pero iso conteréivolo cando volva xa que en 15 minutos deixamos o hotel e nos toca desandar o camiño feito. Son as 5 e media GMT+2, as 9 e media GMT-6 e ata o luns ás 23 horas non estaremos en Alvedro . Estou subindo as fotos desde un boeing 747 a 12 mil metro de altitude
sábado, marzo 25, 2006
Lectoescritura en Morelia. Día 2
Empeza o 2º día de congreso. Seguimos espertando ás 5 e media da mañá hora mexicana. Ás 8 xa estamos almorzando e preparándonos para o congreso. Como imos con tempo "investigamos" (perdémonos) novos camiños. A nosa fregoneta segue facéndonos das súas. As luces interiores seguen permanentemente acesas. Cando chegamos ao centro de convencións e congresos de Morelia atopámonos xa con problemass para aparcar. O Centro de congresos está situado nun parque inmenso onde hai tamén un orquidiario e un zoo que desixaremos a súa visita para a seguinte vez que visitemos Morelia.Eu á 1ª ponencia a que asistín foi a de Henrique Santos de Portugal que tiña como título "La lectoescritura y las nuevas tecnologías". Presentounos o lapis como o descubrimento tecnolóxico máis importante dos últimos 500 anos. Animou á xente que lle tiña medo á tecnoloxía explicando como o móbil é un instrumento tecnolóxico máis avanzado que o PC. A continuación empezou cunha parte de taller que me resultou pouco interesante xa que non eran as espectativas que eu levaba a esta charla.
Sen solución de continuidade fun a unha ponencia interesantísima de Ana Mª Kaufman (Arxentina) sobre la enseñanza de la lectura en distintos momentos de la escolaridad. Espuxo que aprender a ler e escribir implica :
- Coñecer o sistema de escritura
- Coñecer a linguaxe escrita
- Coñecer as prácticas iniciais de lectura e producción de textos
Considera ler como o proceso de construir o significado dun texto
Contounos as situacións didácticas fundamentais na lectoescritura:
- O neno le a través do mestre cando escoita o que lé o mestre
- O neno ou a nena lé por si mesmo. Para que un neno lea por si mesmo o texto ten que estar nun contexto, ten que ter información sobre o que di o texto. Contounos unha historia moi curiosa sobre uns nenos cunha enciclopedia antigua e como os nenos lían a historia.
- O neno ou a nena escriben a través do mestre
- O neno ou a nena escriben por si mesmos
Despois centrouse nunha investigación que está a levar a cabo en 4º de primaria. Criticou o sistema de traballo cos resumes de texto. Explicou como o esquema clásico de ler, buscar o significado das palabras, separar en parágrafos, subliñar a idea de cada un deles e reescribir o texto non é valido. Para buscar as palabras descoñecidas o alumnado fai un barrido do texto sen intentar comprender o sentido do texto. O neno ou a nena teñen que construír o vocabulario a través do contexto. Os que máis len teñen máis vocabulario.
Propón que para resumir o que hai que facer e submerxirse no texto ata coñecer a base do seu significado. Criticou a lectura en voz alta. Ler non é sonorizar un texto
Despois dun descanso dun cuarto de hora asistín a ponencia dun dos Popes asistentes ao congreso J.P.Das. explicounos os traballos e as investigacións en psicoloxía e neuroloxía sobre a intelixencia global. Explicounos os programas PREP e COGENT. Esta ponencia para min contou coa dificultade dunha traducción simultánea bastante deficiente.
Marica e José Carlos asistiron de Carlos Gallego sobre os "Prerrequisitos lectores" . As conclusiones que sacaron fueron las siguientes:
A alfabetización require unha instrucción cun método.
Un C.I. alto non predice un éxito na lectoescritura , así como un baixoo non presupon o fracaso ( ainda que o pode dificultar),
As variables que predicen o rendemento lector (os prerequisitos lectores) son : Identificación das letras, habilidades de conciencia fonolóxica (descomposición silábica, traballos con sílabas, ...), velocidade de denominación (vocabulario).
Son necesarias tamén habilidades cognitivas : atención, memoria inmediata, memoria a longo prazo e un nivel cognitivo suficiente.
Despois dunha mañá intensisima houbo a parada para a comida consistente nun bocata, picante; unha ensalada, picante; una pera, non picante e un refresco, picaba un pouco.
Pola tarde Jose Carlos asistiu á ponencia de Mª Elena Garassimi sobre "Deseños de recursos para a aprendizaxe da lingua escrita. Foi unha ponencia moi interesante. Moi práctica e presentounos a súa experiencia e ofertounos a súa páxina web www.doblefelicidad.com/web/
Despois asistimos a unha ponencia sobre a educación no Uruguai. Decepcionounos parecendo un espazo de venta política dunha situación existente no Uruguai.
Cansados, rendidos moi esixidos psicoloxicamente fomos ata o centro de Morelia para facer algunhas compras. Parece que me persiguen. En Morelia había tunos para gran contento de algunha, pero so velos entroume un pruído que fixo que nos retirásemos a cear.
As 11 a intentar durmir xa que mañá é o día do debú. Os nervos agroman. A tensión medra. A inquietude se palpa... Pasamos eu vouno ler a me levanto e improviso. Que pasará. Máis noticias mañá.
viernes, marzo 24, 2006
Lectoescritura. Día 1
Amanece o 1º día do congreso. Digo que amanece porque vemos amanecer todos os días. O desfase horario existe. Os problemas derivados do mesmo tamén. A altitude ou sabe Deus o que fainos estar a algúns aplanados. Chegamos ás 9 e media para acreditarnos e xa atopamos unha multitude inmensa. Os "importantes" tiñamos unha mesa especial para coller os materiais. Cando acabamos con todo este proceso fomos a coñecer o centro histótico de Morelia. Esta cidade é patrimonio da humanidade, é unha cidade de tipo colonial con todas as casas de pedra e todas da mesma altura e con soportais. Recordoume un pouco a Caceres aínda que moito máis grande. Visitamos a catedral (como case todas as de estilo colonial) e un museo do chocolate
e o congreso. Cando chegamos diríxomos a un hángar como o mercado de gando de Amio. Desde fóra escoitábase música militar. Era unha banda militar que tocaba o himno nacional mexicano. Toda a mesa presidencial estaba en pé e coa man no peito. Lembranzas de Melilla e de Paco Ibañez. - Constructivismo: Elaboración de hipótesis. Existen uns coñecementos previos que favorecen a escritura
- Histórico cultural: A educación prodúcese coa mediación dos seres humanos. A aprendizaxe provoca desenrolo acumulando fondos culturais para o desenrolo.
- Emancipadora: Siguiendo a Paulo Freire critica a educación bancaria que so busca rendementos. Indicou esta tendencia que ningunha práctica educativa é neutral. Máis aló de ensinar a ler palabras hai que ensinar a ler a realidade.
Falou tamén da integración curricular da lectoescritura. Propón que a lectura é a escritura formen parte de todo ata do xogo.
Para a educación primaria (6-8 anos) propón:
- Lecturas colectivas
- Lectura de libros relacionados con cousas que teñan que ver con el
- Realizar lecturas en voz alta
- Fomentar as bibliotecas de aula
Rematou propugnando compaxinar as experiencias colectivas coas individuais e que lle propiciemos nos nenos e nas nenas a lectoescritura.
Esta conferencia inaugural provocou unha controversia bastante forte entre nós xa que estabamos en bastantes cousas en desacordo con ela. Eu estou en desacordo coas cousas propostas para educación primaria. As lecturas en voz alta só valen para refrendar que o neno ou a nena sabe vocalizar. E os libros, penso, que deben de abrirlles novos camiños e transcender un pouco da súa realidade para levalos a outros mundos soñados, añorados ou buscados.
Ás 4 e media tiñamos unha reunión todos e todas os que tiñamos que presentar ponencias. Déronse varias recomendacións e que comprobásemos que todas as nosas presentacións transfferidas por FTP estaban correctas. Nin unha. A todas lles faltaban cousas. Menos mal que tiñamos plan B e Plan C, e se puideron solventar pero requeriu a nosa presencia toda a tarde.
Cando rematamos xa eran as 7 e media e empezou a Festa Michoacana. Actuaron os Korosidansas do lugar cuns traxes moi bonitos e unhs bailes moi variados. Os que máis se quedaron con todas as mestras eran uns difrazados de demos. Había comida pero como non distinguíamos o que era dedicimos ir a nosa fregoneta e volver ao hotel.
É o momento de que vos conte algo máis sobre esta fregoneta É unha Chrisler con cambio automático que deixanos sacar as chaves cando a ela lle parece ben, non deixa apagar as luces de dentro, enfríalle os pés a Montse, debe querer quedarse con ela a cachos xa que lle enganchou un pendiente e un cinturón. Ten compartimentos secretos onde deixamos escondidas as cousas.
Despois de cear uns burritos no centro comercial que está enfrente do hotel e de comprobar como Jose Carlos segue sen atopar unha comida en México que non pique, retiramonos a dormir
jueves, marzo 23, 2006
Lectoescritura en Morelia. Día -1
Todos pacíficamente
A un mitin en Tlatelolco
Quince mil en contingente.
Año del sesenta y ocho
¡qué pena me da acordarme!
La plaza estaba repleta
Como a las seis de la tarde.
Grupos de obreros llegaron,
El magisterio consciente
Los estudiantes lograron
Un hermoso contingente.
Cantado por Soledad Bravo
olores abraiantes. A xente publicitando a toda voz os seus artigos. Había de todo menos un CD de mariachis que se me deu por buscar, ata Jose Carlos atopou un xersei dun equipo mexicano para Indy.
¡¡¡Nos non fixéramos nada!!! Un policia díxonos que era porque estaba reunido el Foro del Agua e se esperaban disturbios nesa zona.Lectoescritura en Morelia. Día -2
(Cartel autopista en México)
o
Viaje con nosotros
si quiere gozar
viaje con nosotros
a mil y un lugar
Javier Gurruchaga
Máis tarde do previsto e debido a problemas técnicos, podo empezar a contarvos as nosas experiencias por estas terras transoceánicas.
- Martes 21. 4h A.M (gmt +1). Sona o espertador
- Martes 21. 4, 45h A.M (gmt +1). Subida ao taxi onde xa están Marica e Montse
Martes 21. 5h 3o m A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Santiago. Encontro con Mª Jesús, Jose Carlos e Xesús.Retirada de tarxetas de embarque. Facturación de equipaxe. Boa noticia. Facturamos ata México D.F. Almorzo. 1ª apostas sobre se volveremos a ver as maletas. - Martes 21. 6h 30m A.M (gmt +1). Despegue cara Madrid.
- Martes 21. 7h 30mA.M (gmt +1). Chegada a Madrid. Terminal 2. Ningún problema. Na lonxania divísase a tan temida T4. Todos os problemas de Baraxas debéronse trasladar a esa terminal. O Baraxas de sempre está baleiro. Café sen tortilla debaixo duns paxaros que pían.
- Martes 21. 10h 25 min A.M (gmt +1). Despegue cara Frankfurt con media hora de retraso por problemas no aeroporto de destino.
- Martes 21. 13h 5 min A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Frankfurt despois de media hora de sobrevoar este aeroporto esperando permiso para aterrar. 1ª presas. Menos de media hora para coller o vo cara México. Carreiras polos soterráns do aeroporto de Frankfurt.
- Martes 21. 13h 35 min A.M (gmt +1). Retiramos a tarxeta de embarque e podemos empezar a criticar o preconceito da eficacia alemá. Estamos máis de 300 persoas esperando para embarcar nun espazo reducidísimo e sen noticias do tempo que podemos estar á espera para poder despegar. Con 40 minutos de retraso embarcamos nun Boeing 747-400 da Lufthansa. Impresiona (¡¡e iso que son de Monte Alto ;-)!!). Enorme. Unha bestialidade. Despeguamos e volvemos a comprobar que non todo nos alemáns é perfeito. Os auriculares para que podamos seguir Elizabethtown e a 2ª do Zorro que nos van proxectar durante a viaxe non funcionan.
- Martes 21. Horas seguintes. Estar sentado durante máis de 12 horas nun espazo que é
máis pequeno que o dos autobuses de liña e unha experiencia. Comprobar que para chegar a México desde Frankfurt o camiño que segue o avión é o que pasa por riba de Manchester, Dublín, Groenlandia, Chicago ata entrar no golfo de México sobrevoando o Mississipi. É interesante comprobar no Google Earth o enorme recorrido que fixemos. Se alguén sabe o motivo para realizar semellante volta que nolo comente; a nos só se nos ocorre que foi por que desde Groenlandia ata México é costa abaixo e que así se aforra combustible. Vistas. Neve, máis neve; nubes, brancas moi brancas ou grises; auga, moita auga. De comida goulasch. De cea bisté. A cervexa alemá, boa. - Martes 21. 19h 55 m. P.M. (gmt -6) Aterramos en México DF. Aeroporto Juárez. Aeroporto limpo e moderno. ¿Teremos maletas?
- Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6) . Pasamos inmigración. ¿Chegarían as maletas?
- Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6). ¡¡Había maletas!!
- Martes 21. 22h. P.M. (gmt -6). Chegamos ao Hotel, despois de visicitudes varias coa Fregoneta ou manovolumen o tráfico de México DF, o cambio automático do coche.

- Martes 21. 23h. P.M. (gmt -6) (Mércores 22. 6h. A.M (gmt +1) ).Retiramonos as habitacións sen probar o tequila.
lunes, marzo 13, 2006
Sabado pola tarde
Despois de comer e dun paseo ata a Sagrada Familia para seguir admirando a Gaudí, e criticar na lonxania o novo edificio de Jean Nouvel para AGBAR que verdadeiramente semella unha bala ou un supositorio, volvimos o recinto das Xornadas. Tocaba a presentación das experiencias e da Webquest. José Luis actuaba na Aula Magna en 3º lugar. Eu ía presentalo e explicar que é o Proxecto Ponte dos Brozos no Colexio. Aínda non cerraron a boca. Iso de que non teñamos que esperar ata que sexa martes a 3ª hora para ir á aula de informática para que o alumnado faga a webquest é alga que os deixa impactados. O sistema das comunicacións é algo que habería que modificar. En 10 minutos ou nun cuarto de hora é materialmente imposible transmitir todo o que hai que contar. José Luis conseguiuno, ás carreiras pero conseguiuno. Ás presentacións das WQ estaban ordenadas por niveis. Nos estivemos nas de primaria as hiperligazóns coas outras presentadas son os seguintes:- Histories viscudes: http://ceipdrassanes.ravalnet.org/webquest/wqhistoriesvida
- Els contes de Andersen: http://ceipdrassanes.ravalnet.org/webquest/webquestandersen/index.htm
- El pati s´ha quedat sense arbres: http://www.xtec.net/~mcuni4/webquest/arbres/top1.htm
- M´agrada la teva olor!: http://www.xtec.net/~mcuni4/webquest/herbes/top.htm
- Carbasses: http://www.xtec.net/~mcuni4/webquest/carbasses/lesson-template1.htm
- Què amaguen les ´mòmies: http://www.xtec.net/~mvilaro5
- Volem anar a ...!: http://www.webquestcat.org/~webquest/volemanar
Despois dun pequeno descanso pasamos á presentación de experiencias. Nacho Ménendez do IES de Pastoriza presentou o seu traballo cunha webquest sobre los derechos humanos.
Entre o resto das expereincias presentadas destacou a de Xoan Carlos Albarellos sobre a Lanzadeira
E sen tempo a esperar á presentación das conclusións collimos uns taxis e fomos para o aeroporto. Alí completamente esgotados pero satisfeitos ceamos, enterámonos que o Depor perdera, collimos o avión e despois dun vo do máis pracenteiro chegamos a Santiago ás 12 da noite. collimos uns taxis e volvimos cada un para a súa casa
domingo, marzo 12, 2006
O sábado pola mañá...
Ás 8 da mañá sonou o espertador porque o segundo día empezaba ás 9 e media. Logo dun bó almorzo tiramos cara o Hospital de Sant Pau sé das Xornadas. Cando chegamos atopamonos cunha das maiores sorpresas. A conferencia inaugural impartida por Montserrat del Pozo directora del Collegi Montserrat. Para que vos fagades unha idea era unha relixiosa que falaba das Intelixencias Múltiples e que non anatemizaba nada nin sequera a Freud. Seguidora de Howard Granger definiu a intelixencia como a capacidade de resolver problemas cotiás e tamén como a capacidade de xerar novos problemas para resolver.Falounos das bases neurolóxicas da intelixencia e dos diferentesm lugares físcos do cerebro onde residen ois diferentes tipos de intelixencia.
Intelixencia intrapersonal
Intelixencia lingüístico-verbal
Intelixencia lóxico-matemática
Intelixencia corporal-cinética
Intelixencia visual-espacial
Intelixencia musical
Intelixencia naturalista
ipei no de Traballo cooperativo morderado por Jordi Adell e baseándose en Jhonson e Jhonson falousenos do que era o aprendizaxe cooperativo como xeito de organizar o traballo. Falousenos das cousas necearias para conseguir unha aprendizaxe cooperativa:
Interdependencia positiva: Non hai solucións individuais
A responsabilidade individual cara o traballo colectivo
Interacción potenciadora. Dinamizador dentro do grupo. Aínda que pareza contradictorio o que sabe que non faga. Que o faga o que non sabe xa que así aprende.
1ª xornada en Barcelona
Despois dunha viaxe sen ningún tipo de problemas, se non consideramos como tal o retraso de media hora na saída do avión e un recorrido en taxi de 1 hora polos problemas do venres noite, chegamos ás 18h 45 min á Casa de Convalescencia do Hospital de Sant Pau e de la Santa Creu dependente da Universidade Autónoma de Barcelona. A próxima vez que visitedes Barcelona e vaiades á Sagrada Familia, collede o Carrer Gaudi que vos levará directamente ata unha das entradas a este hospital edificado por Domènech i Montaner .
Cando recollimos as acreditacións e o material repartímomos polos diferentes talleres aos que estabamos apuntados. Eu estaba anotado a un que tiña por título "Projects telemàtics i webquest". Resultou interesantísimo. Un proxecto telemático consista na realización de proxectos cooperativos entre centros escolares de todo o mundo. Estes proxectos están baseados en Internet traballando un centro de interese para producir un coñecemento aberto.
Descubrín diferentes proxectos que poderían ser aplicados di
rectamente no noso colexio como una biblioteca de libros recomendados, este outro sobre o clima, este sobre arte na rúa Publicart ou este sobre a diversidade. Para saber máis sobre proxectos podedes visitar as páxinas de Iearn Pangea
Cando rematamos cada un os nosos talleres collimos uns taxis e fomos para o hotel. O hotel estaba perfectamente situado en pleno centro de Barcelona pegado a Las Ramblas e á Plaza de Cataluña.
Despois de deixar as cousas no hotel saímos a cear. Recorrimos uns cantos KM. ata que chegamos a un restaurante recomendado por J. Luis, chamado Lázaro que está na rúa Aribau onde ceamos. De volta para o hotel baixamos polo Paseo de Gracia onde poidemos volver a disfrutar co xenio de Gaudi coa Pedrera e a Casa Batllo
Antes de volver ao Hotel, momento no que algúns cunha carga de idade xa considerable decidiron adiantar o seu retorno á cama, paseamos polas Ramblas e intentamos tomar algo no Cafe de L´Opera onde nos vimos asediados pola tuna cantando Clavelitos que nos obligou a retirarnos aos nosos cuarteis, ou sexa ao hotel. Moito me lembrei de Torrente e do seu odio á Tuna.


