Paso el tiempo de dormir
Ya los gallos muy contentos
cantaron kikiriki
Ya viene amaneciendo
ya la luz del dia nos dió.
Levantarte de la mañana,
mira que ya amaneció.
VALENCIA
VENRES 19 ABRIL 2013
ÁS 5.15 toca o reloxo. É hora de se levantar para emprender a viaxe cara a Valencia. Saímos ás 08:50 do Aeroporto de Santiago de Compostela. Todo transcorre con normalidade e chegamos a Valencia. Agárdanos un día longo que iniciamos con moitas ganas tralo paso polo hotel a deixar a equipaxe.
A primeira parada é A CIDADE DAS ARTES E DAS CIENCIAS, complexo arquitectónico, cultural e de entretemento da cidade de Valencia, deseñado por Santiago Calatrava e Félix Candela.
Despois do percorrido polo exterior da Cidade (nin o noso peto, nin o tempo que tiñamos daban para unha visita ao interior dos magníficos edificios) dirixímonos cara o Paseo de Neptuno para ver e gozar da Praia da Malvarrosa e, como non, das terraciñas do paseo.
Alí probamos as paellas valencianas. Iamos avisados de a que locales non deberíamos ir pero …claro!! Non fixemos caso! A paella do RESTAURANTE CASA PEPICA non estaba moi boa pese á fama do local. Dise que ahí é a onde vai o Rei Xoán Carlos e Dona Sofía. De feito, na parede colgaba un cadro coa sinatura das súas maxestades. En fin, parece que non coincidimos nos gustos. Pola tarde, tras unha agradable sobremesa, decidimos visitar a parte vella da cidade. E fomos ata a Praza do Concello onde probamos a orchata.
A Catedral, adicada a Santa María, é predominantemente de estilo gótico aínda que a súa construción prolongouse ao longo de varios séculos polo que hai unha mestura de estilos artísticos que a converten nunha xoia da arquitectura universal.
Destaca o Miquelet ou Micalet, nome que recibe popularmente o campanario de 58’80 metros da Catedral de Valencia, e é un dos principais símbolos da cidade de Valencia. O seu nome é un diminutivo do da campá principal, Miquel, que coa fonética local derivou a Micalet, nome co que verdadeiramente é coñecida a torre.
Despois dunha cea lixeira preto da Catedral retirámosnos xa que ao día seguinte nos agardaba unha longa xornada na Cidade Politécnica da Innovación de Valencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario