viernes, diciembre 04, 2009

Congreso Tic Málaga, 3º dia. Jose Carlos




Como diría O Gran Wyoming
"Mañá mais, pero non mellor
porque é imposible".


Tomamos o sol. Empezamos as entradas anteriores. Controlou as substitucións. Non estaba excesivamente nervioso. Xa ten moitas tablas e xa toreou en prazas máis complicadas.
A comunicación de Jose Carlos ía sobre os 3 seus blogs e explica como foi o proceso que foi seguindo ao longo de tres anos para crear sucesivamente A nosa clase, O xornal dos carrabouxos e Os recursos dos carrabouxos.
O sistema que se empregaba para a presentación das comunicacións era distinto a todos os que víramos noutros congresos. Non había que levar presentación, nin preparar exposición. Só tiña que presentarse nunha sala á hora convida.



Estabamos ás 12 diante da porta da aula. Houbo que esperar a que a desaloxase o alumnado que estaba a recibir clase para que o moderador e tanto os participantes como o público entrásemos. Colocouse o espazo con sillas en circulo onde se sentaron tanto os que presentaban ponencias como o público en si. Eramos máis de 60 persoas para participar na mesa de comunicacións sobre "Uso das TIC nos centros de ensino en xeral e Primaria en particular". O moderador Antonio Matas Terrón fixo un resumo de cada unha das comunicacións e deu paso para que cada un se presentase (o público tamén). Jose Carlos resumiu dun xeito perfecto as súas motivacións, os atrancos atopados e a valoración que fai da experiencia.

O sistema, para min, novidoso e positivo. Os comunicantes non sinten tanta presión e faise todo moito máis fluido, rapido e ameno.
Pasaron dúas horas e tiveron que botarnos da sala. As discusións foron sobre o papel dos coordinadores nos centros, sobre as EDI e sobre a avaliación do traballo coas Tics.
Xa acabara. Xa pasaran os nervios. O traballo xa estaba case todo feito. Só faltaba a mesa redonda de clausura que estivo centrado no programa da Escuela 2.0 en Andalucia (formación profesorado, conservación dos ultraportátiles, ancho de banda ...)
De volta ao centro, máis gambas (xa vedes que ecoloxista somos nada de pescaito nin boqueróns), máis xamón e a facer a maleta que ao día seguinte o avión saía cedo

No hay comentarios: