A mi no me gusta la gente
que no come todo
(Camarero murciano)
Sete e media da mañá soa o despertador tanto do móbil como o da habitación. 8 a.m. quedamos para almorzar. 9 da mañá saímos para o centro de congresos Victor Villegas. 15 minutos ¡a pé! e xa estabamos recollendo a documentación do congreso. Cada día que pasa dan máis información: turística, de editoriais, de restaurantes... Atopamos o 1º coñecido, Juan que é o que vai moderar a mesa onde vai expor a súa comunicación Margarita. 2ª sorpresa por "dificultades técnicas" non hai CD coas ponencias e comunicacións, senón un libro de actas de verdade e que pesa cantidade. Xa sabedes que quen o queira consultar terémolo a disposición de quen quera.
Ás 9 e media da mañá xa estabamos sentados no auditorio para esperar que as autoridades políticas da Rexión de Murcia inaugurasen o congreso. Bastante rápido. Fotos. Cámaras de tv. E xa podemos pasar a outra cousa ou ao que en verdade nos trouxo tan lonxe da casa.
A conferencia inaugural vaina dar Antonio Rodríguez de las Heras profesor da Universidade Carlos III de Madrid. É o 2º congreso ao que vou que é inaugurado por este profesor. Non me extraña. Deixoume igual de encantado que a 1ª vez. Áxil, ameno e reflexivo. Fala da sociedade do coñecemento.Espuxo como se ten que producir a migración desde a sociedade industrial á sociedade da comunicación pasando polo estadio no que nos atopamos da sociedade da información.
Explicou que temos que facer a "metabolización da información". O coñecemento elimina as árbores que non nos deixan ver o bosque. O exceso de información non deixa ver o bosque do coñecemento.
Existen 3 cauces para derramar o coñecemento á sociedade.:
- Tecnoloxía. Chega á sociedade en forma de avances tímidos
- Cultura: en forma de productos culturais
- Educación
A sociedade dixital á que tendemos permite:
- A ubicuidade.
- A deslocalización
- Simultaneidade.
Para chegar á sociedade do coñecemento hai que armonizar a igualdade coa diferencia e coa liberdade.
Da gusto asistir a este tipo de congresos para escoitar a xente que fai filosofía. Que reflexiona sobre o mundo no que vivimos e que explica o que pasa e cara onde imos. O profesor Antonio Rodríguez de las Heras ten un libro dixital no que, á parte dos seu valor literario utiliza as técnicas hipertextuais.
Cando acabou esta conferencia inaugural houbo unha representación teatral "Mary Poppins"
realizado polo alumnado dun centro de educación especialA continuación houbo un panel de expertos sobre As tecnoloxías na escola inclusiva. O máis interesante foi a presentación de Francisco Jesús García Ponce coordinador do "Proyecto Aprender" do Cnice no que participara a nosa Carmen Fernández como colaboradora. Contounos que chegara a odiar a Gusi. Se queredes máis información sobre o proxecto, xa sabedes dirixirvos as fontes e preguntarlle a Carmen Fernández. Mentres que estabamos a escoitar a este ponente, ocurriuseme mirar cal era a sala onde iamos a falar pola tarde. Sorpresa era na mesma sala onde se estaban a realizar as sesións plenarias do congreso. Acababamos de multiplicar por dez a esperanza de asistencia. Tamén multiplicamos por cen os nervos e a preocupación. ¿Que dixo medo, coa de hospitais que hai?. (Viramos un moi grande mentres viñamos andando cara o centro de congresos)
Ás dúas e media fomos comer a un bar que hai en fronte ao palacio de congresos. Se a noite anterior tivéramos un camareta borde esta vez tocounos un moi agradable e que nos ofreceu un gazpacho e unhas xudias riquísimas. A cervexa, por desgraza, non era da "Estrella del Bierzo" senón que era a Estrella de Levante pero estaba boa.
Ás 3 e media Carmen e máis eu volvimos cara o centro de congresos para preparar a nosa "actuación"
No hay comentarios:
Publicar un comentario