jueves, marzo 23, 2006

Lectoescritura en Morelia. Día -2



Si toma, no maneje
(Cartel autopista en México)
o
Viaje con nosotros
si quiere gozar
viaje con nosotros
a mil y un lugar


Javier Gurruchaga

Máis tarde do previsto e debido a problemas técnicos, podo empezar a contarvos as nosas experiencias por estas terras transoceánicas.

  • Martes 21. 4h A.M (gmt +1). Sona o espertador
  • Martes 21. 4, 45h A.M (gmt +1). Subida ao taxi onde xa están Marica e Montse
  • Martes 21. 5h 3o m A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Santiago. Encontro con Mª Jesús, Jose Carlos e Xesús.Retirada de tarxetas de embarque. Facturación de equipaxe. Boa noticia. Facturamos ata México D.F. Almorzo. 1ª apostas sobre se volveremos a ver as maletas.
  • Martes 21. 6h 30m A.M (gmt +1). Despegue cara Madrid.
  • Martes 21. 7h 30mA.M (gmt +1). Chegada a Madrid. Terminal 2. Ningún problema. Na lonxania divísase a tan temida T4. Todos os problemas de Baraxas debéronse trasladar a esa terminal. O Baraxas de sempre está baleiro. Café sen tortilla debaixo duns paxaros que pían.
  • Martes 21. 10h 25 min A.M (gmt +1). Despegue cara Frankfurt con media hora de retraso por problemas no aeroporto de destino.
  • Martes 21. 13h 5 min A.M (gmt +1). Chegada ao aeroporto de Frankfurt despois de media hora de sobrevoar este aeroporto esperando permiso para aterrar. 1ª presas. Menos de media hora para coller o vo cara México. Carreiras polos soterráns do aeroporto de Frankfurt.
  • Martes 21. 13h 35 min A.M (gmt +1). Retiramos a tarxeta de embarque e podemos empezar a criticar o preconceito da eficacia alemá. Estamos máis de 300 persoas esperando para embarcar nun espazo reducidísimo e sen noticias do tempo que podemos estar á espera para poder despegar. Con 40 minutos de retraso embarcamos nun Boeing 747-400 da Lufthansa. Impresiona (¡¡e iso que son de Monte Alto ;-)!!). Enorme. Unha bestialidade. Despeguamos e volvemos a comprobar que non todo nos alemáns é perfeito. Os auriculares para que podamos seguir Elizabethtown e a 2ª do Zorro que nos van proxectar durante a viaxe non funcionan.
  • Martes 21. Horas seguintes. Estar sentado durante máis de 12 horas nun espazo que é máis pequeno que o dos autobuses de liña e unha experiencia. Comprobar que para chegar a México desde Frankfurt o camiño que segue o avión é o que pasa por riba de Manchester, Dublín, Groenlandia, Chicago ata entrar no golfo de México sobrevoando o Mississipi. É interesante comprobar no Google Earth o enorme recorrido que fixemos. Se alguén sabe o motivo para realizar semellante volta que nolo comente; a nos só se nos ocorre que foi por que desde Groenlandia ata México é costa abaixo e que así se aforra combustible. Vistas. Neve, máis neve; nubes, brancas moi brancas ou grises; auga, moita auga. De comida goulasch. De cea bisté. A cervexa alemá, boa.
  • Martes 21. 19h 55 m. P.M. (gmt -6) Aterramos en México DF. Aeroporto Juárez. Aeroporto limpo e moderno. ¿Teremos maletas?
  • Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6) . Pasamos inmigración. ¿Chegarían as maletas?
  • Martes 21. 20h 15 m. P.M. (gmt -6). ¡¡Había maletas!!
  • Martes 21. 22h. P.M. (gmt -6). Chegamos ao Hotel, despois de visicitudes varias coa Fregoneta ou manovolumen o tráfico de México DF, o cambio automático do coche.
  • Martes 21. 23h. P.M. (gmt -6) (Mércores 22. 6h. A.M (gmt +1) ).Retiramonos as habitacións sen probar o tequila.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O imoportante é que estamos por diante do Celta e en postos de UEFA... ata o fin de semana polo menos.

Anónimo dijo...

O imoportante é que estamos por diante do Celta e en postos de UEFA... ata o fin de semana polo menos.

Anónimo dijo...

Non encontro o texto das ponencias. Quero carnaza para criticar. O madrid- depor, 4-0