domingo, marzo 23, 2008

Matina 18. Visita a unha escola 3-6. Faber

Che queste disegno?
Disegno tutti i colori

(Giovanni, 4 anos)

Queriamos visitar unha escola que traballase de xeito especial coa tecnoloxía. Falamos con Koldo, falamos con Alfredo, falamos con Maddalena. A mellor era a 8 de marzo. Xa estaban todas as prazas ocupadas para visitar esta escola. Conseguimos que nos deixasen visitalo a dous. Iamos Montse e máis eu. Ata agora sempre había 3 autobuses Miramos os carteis de dous dos autobuses e non aparecia este colexio, logo por exclusión tiña que ser o terceiro. Pois non. Esta mañá había 4 buses. Demonos conta nada másis arrincar. Non lle poidemos facer nada. Tiñamos que visitar un dos dous aos que ía este autobús.

Eliximos visitar a cooperativa Faber. Fundada no ano 1999
Xorde a partir duns cursos de formacion de Reggio Children
Esta non era unha escola municipal senón que é unha cooperativa concertada polo concello. Prodúcese a colaboración entre o público(concello) o privado (cooperativa) e o privado social (Reggio Children). O control e a formacion lévase a cabo por parte de Reggio Children
A escola non era un centro creado para ser escola senón que se aproveitou unha mansión, Vila San Justo, de estilo liberty de metade 1800. Ten 3 pisos, un xardin moi grande, un lago feito dun bebedeiro dos cabalos. O atelier está no faiado. Neste hai un Pc con escaner

Nas aulas hai un pc en cada unha. Debuxan usando o Paint. Das cousas que máis nos chaman a atención e a utizacion da luz. Usan o retroproxector para facer diversas composicions visuais.
Nas aulas todo é reciclado e todo está ordenado. Hai multitude de estanterías e caixiñas. En vez de arquivadores usan blocks de follas de plástico para gardar os traballos dos nenos.
Nesta aula están a facer un proxecto que ten como base a ponte de Calatrava que hai sobre a autoestrada en Reggio Emilia. Teñen música ambiental. Este proxecto saiu da visita dos nenos cando inauguraron a ponte. Debuxana, e despois intentan reproducila cos diferentes materiais que hai no mini atelier da súa clase.
Mentres tanto no atelier hai 7 nenos de diferentes idades. Pintan, xogan con pezas, proxectan imaxes desde o pc. Mesas de luz omniprentes. Estes 7 nenos están a cargo da atelierista.
Usan camisetas enormes para pintar coa tinta china. Non teñen mandilón.
Nas clases, 26 nenos, 3 mestras xa que hai un neno con N.E.E. todo é actividade: tinta china, rotulador, acuarela, construccións. Estan tentando reproducir un castelo modelo alpino. Cun proxector de diapositivas proxectan o castelo sobre a parede os alumnos que están nesta estancia, recortan, pintan no pc, reproducenno usando materiais que teñen na aula. No mini ateluer modelan con creta (barro).
Ricardo pide ver a pda e fai estoupar unhas cantas bolas.
Cada clase consta de 4 estancias comunicadas entre si e cun servicio na mesma aula. As mestras levan rexistro de todo o que fan.
Noutra aula, 5 anos, a tenda está aberta, unha nena co delantal fai a comida, no mini atelier seguen co proxecto da ponte. Outros usan rolos de papel para levantar torres. Levan control de todo o que fan nos talleres . Giovanni pinta no caballete e canta. Está feliz. Debuxa tutti i colori. A súa colega, Sara, polo outro lado do caballete fai unha paisaxe preciosa
Saio ao xardín. Algúns nenos saen a xogar. Os nenos ao futbol, as nenas aos columpios. Sen comentarios. Un dos futbolistas non solta un dinosaurio
Chega o momento de poñer en común todo o que vimos e de facer as preguntas necesarias sobre o que non comprendimos, disfrutando dun aperitivo que nos preparou a encargada da cucina.
Sobre os atelierista informaronnos de que teñen unha formacion distinta a dos nmestres, mais artistica. Non ensina tecnica pictórica ningunha acompaña aos nenos na súa aprendizaxe. O atelier non é un laboratorio. Toda a escola e un laboratorio.
Datos para reflexionar: Horario laboral. 33 horas semanais de docencia e 5 de coordinación. Total 38 horas semanais. Sen comentarios.

2 comentarios:

José Carlos dijo...

Comentarvos que Angeles e mais eu fomos á escola " A Gabbianella" ( A gueivota , en galego) que ten moitas semellanzas coa comentada por Fernando.
Foi fundada tamén no ano 1999 e esta xestionada polo concello de Reggio Emilia e a Sociedade Cooperativa TOTEM. Ten uns servicios educativos de 0-6 anos.
O edificio foi feito logo da posguerra e adaptado posteriormente. Consta de dous andares e un sotano. Neste último esta o atelier de animación mais unha despensa e unha oficina, logo no primeiro andar a cociña , o comedor , espacio para adultos e a sección B. E no andar superior as seccións B e nido , mais o atelier natural. Todo comunicado por unha escada que era o obxectivo dos atelier neses momentos , a decoración. Os nenos decidiron chamala o tobogán do arco da vella e , a partires deste nome, ían vendo como facela mais bonita.
ö redor da casa hai un espacio verde con duas pequenas hortas ( con herbas aromáticas) e mais un "tanangolo" ( a traducción sería a cova do angolo), que é unha "cabaña ou caseta" feita con polas da poda das árbores do xardín. Na súa elaboración participaron @s nen@s , pais/nais e un atelierista. Mais tarde fíxose un camiño con baldosas feitas pol@s nen@s cun diseño orixinal cada unha delas.
A Gabbianella oferta un lugar educativo que pretende promover e revalorizar unha idea forte de infancia, dos seus dereitos e da súa potencialidade, propoñendose como unha oportunidade de relacion e dialogo coas familias e a cidade para construir xuntos un proxecto educativo feito da colaboración e da corresponsabilidade.
A súa estructura organizativa consta de 78 nen@s organizados en tres secciones ( niveles).
Secc. Nido: 24 nen@s de 12 a 33 meses , con tres mestras.
Secc. A: 27 nen@s de 3-4 anos con duas mestras
Secc. B: 27 nen@s de 4-5 anos e duas mestras.
Tamén hai unha pedagoga, un atelierista, outra mestra para a prolongación do tempo, unha cociñeira e a súa axudante , mais tres limpadoras.
Os horarios van das 7.30 ás 16.00, puidendo prolonga-lo tempo ata as 18.50.
As aulas son moi amplas ahi moitos espazos. Todo está moi limpo e ordeado.
Nas aulas tamén hai moitisimo material reciclado procedente de Re Mida e , nese moemnto, @s nen@s están agrupados por currunchos ( o da constructividade grande, o de pintura, contructividade pequena, o da mensaxeríae, o do xogo simbólico, o da biblioteca. O abiente é moi tranquilo e traballan sabendo cada un o que ten que facer. Manexan materias que de ningunha das maneiras lle deixariamos aquí polo seu perigo ( botóns pequenos , latas , aramios, ...), pero as mestras din que non hai problema e que están habituados.
Cando remata o tempo, xúntannos e , na asamblea, vai cada un contando o que estivo facendo durante ese tempo.
No atelier traballaban na decoración de paeis con acuarelas e recortando papeis. Un grupiño de catro ou cinco nen@s.
Chegou a hora de xantar e vimos como nenos que de 2-3 anos poñían a mesa para os demais. Facíano moi responsablemente e de xeito autonomo. A verdade é que quedamos con ganas de gravalo en imaxes pero eso non era posible.
Vimos un Pc pero , pola súa situación , veíase que non era usado polos nen@s ,( ainda que logo na reunión posterior se nos dixo que sí, ás veces).
Moito material ó alcance dos nen@s e moita recollida de datos e fotografias cos proxectos feitos.
As mestras cunha idade media de 23-24 anos ( todas) o que, a min, dame que pensar en canto a contratacións.
Logo na reunión posterior comentaronnos que non usaban as TIc por motivos económicos e porque non habñia unha necesidade grande por parte de ninguén. Que o horario é o mesmo que comenta Fernado e que as mestras continuan ciclo (sempre e cando sexa posible).

Fernando M dijo...

Moitas grazas, José Carlos. Completa a matina