sábado, marzo 22, 2008

Introducción ao contexto de Reggio Emilia. Matina 17 de marzo

Sete e cuarto da mañá sona o despertador. Quedaran en espertarnos desde a recepción. Pero non. Menos mal que os móbiles fallan pouco. Só levabamos 4 horas de sono e xa estabamos dispostos a o que fixera falta. Ás 8 e media da mañá tiñamos que estar na Caserna Zucchi para coller os buses que ían levarnos ata o Centro Internazionale Loris Malaguzzi.

Os buseros, como todos os de Italia, espectaculares. Non había bache que evitase nin frenada que non fose un frenazo brusco. As miñas hernias se resentían.As nove da mañá empezamos. 200 persoas de todo o estado. Bastantes galegos. Responsables das Galescolas, xente da guardería da USC, de Oleiros de A Coruña e nós.

Algo deben de ter estas escolas para que duascentas persoas de todo o estado renuncien a parte das súas vacacións para coñecer outras escolas, outros nenos e nenas.


A primeira conferencia impartea Maddalena Tedeschi. "Pedagogista" coordina algunhas das escolas de Reggio.

A experiencia de Reggio céntrase na etapa 0-6 anos 0-3 nos Nidos e 3-6 nas escolas infantís. Están intentando experimentar na escola primaria. Ela coordina 4 escolas primaria.Parten dunha idea comunitaria e dunha pedagogia inclusiva. Pretenden facer as escolas visibles e esta será unha das ideas forza Porque nace esta experiencia en Reggio Emilia?Porque xa existía un tecido social cooperativo e prodúcese unha alianza social e politica mesturado e galvanizado por unha figura como a de Loris Malaguzzi. Reggio non quere ser modelo de nada, pero producir documentacion é o ADN da experiencia de Reggio. Valoran o proxecto cando llo contan aos outrosA narración que fan os nenos, os mestres e os pais do que fan e do que ven é o que fai visible e exportable o modelo de Reggio. Non existe un único modelo en Reggio Emilia. Loris Malaguzzi non é a unica referencia pedagóxica. Basean a súa práctica en xente como Freinet, Decroly e Montessori. Primeira sorpresa. Reggio é hibrido. Non ten só un enfoque constructivista aínda que este enfoque é fundamental no seu modelo. Fanse a pregunta de cal debe ser o rol das escolas de hoxe. Fundaméntanse na potencialidade costructiva do ser humano. Pensan nun neno nunca pasivo. Nenos dotados de potencialidade, productores. Teñen unha imaxe do neno como suxeito cultural.
O profesorado que imparte docencia nestas escolas son actualmente licenciados en formacion primaria.
En ed.infantil 3-6 hai 3 aulas homoxéneas por idade. Traballan 2 mestres para 26 nenos e nenas máis un atelierista. En cada clase no que exista un alumno ou alumna con NEE, hai un mestre mais.

Toca estirar as pernas e tomar o café (espresso, graze) coas pastas que nos teñen preparado

No hay comentarios: