Levabamos tempo sen sair. Levabamos moito tempo sen pasar o telón de grelos. Tempo sen estar "on the road" (acabarei por aprender inglés).
Este tempo sen sair non significa que estivesemos parados. Moitos cursos. Accesibilidade (grazas Juan e grazas Tadega). Moodle. Druppal... Seguimos vivos. Cada día somos máis e máis preparados.
Pero... había que sair. Había que tomar un contacto real co que está a suceder no mundo. Tiñamos que saír máis alá do "Telón de grelos" e osixenarnos con novas (vellas) ideas.
Algo recorrente nas conversas sobre a formación era a posibilidade de asistir a un curso de formación en Reggio Emilia. Iamos coñecer as que foran consideradas como as mellores escolas do mundo de Educación Infantil.
O domingo de ramos as 4 da tarde empezamos a viaxe que nos levaría ata Reggio Emilia previo paso por Madrid e Bolonia, onde chegamos as 2 da mañá despois de dar unhas cantas voltas arredor dunha rotonda esperando a que os satélites atopasen o noso Tomtom.
O luns as 8 e media estaba programado que empezase o traballo
No hay comentarios:
Publicar un comentario