viernes, septiembre 29, 2006

Xoves 28 de setembro pola tarde. 1ª actuación

"Temos que educar para soportar
a incertidume dunha sociedade en crisis"
(prof. Antonio Rodríguez de las Heras)

ou "Se algo pode ir mal irá mal"

Pero a nós despois de moitas incertidumes todo foi ben.
Eran as 3 e media da tarde cando deixamos ao resto da expedición para achegarnos ao centro de congresos para preparar a nosa intervención. As moderadoras da mesa que nos correspondía convocárannos ás 4 menos cuarto para preparar todo. A esa hora aínda estaba pechada a entrada principal. Un garda de seguridade indicounos unha entrada lateral. Chegamos a nosa sala e alí non había ninguén. Para a nosa comunicación traiamos un Plan A, outrso B, outro C e un oculto D. Acendemos o ordenador que había na mesa, pero non funcionaba. Se conectabamos ao cañón o noso ordenador o que non funcionaba era o cañón. Estabamos todos os que iamos expor nesa mesa por un estilo. Cando chegaron as moderadoras da mesa, tampouco eran capaces de solucionar os problemas. Tiveron que ir buscar a un técnico que finalmente foi capaz de solucionar os problemas. ¿Todos? Case todos.
A 1ª comunicación, con media hora de retraso e cos que iamos presentar comunicacións a cada momento máis histerícos foi a de Antonia Cascales Martínez. (É moi curioso como afectan os nervios as persoas. Algunhas quedan caladas e outras so falan. Carmen era destas últimas non era capaz de estar calada. Falaba, falaba, falaba. Como Marica en Morelia). A comunicación de Antonia Cascales trataba sobre a "Inclusión educativa y digital: una propuesta de trabajo dentro del aula". Non lle funcionaron os enlaces. Coas presas da preparación os enlaces non os copiara e o que quería presentar non lle funcionou.
A 2ª comunicación era de Ana Irene Alves de Oliveira. A súa comunicación levaba por título: "Utilizaçao de softwares como recurso de estimulaçao dos pre-requisitos para leitura e escrita en crianças especiais". Máis problemas. O primeiro o do idioma. Nos mal que ben iamos entendendo o que falaba en brasileiro. O resto do público non se enteraba de nada. Non concibo que houbese traductoras de signos e que non houbese un servizo de tradución portugués/castelán. A profesora da universidade de Pará non lle funcionaron os videos. Aínda que trouxera o seu ordenador para evitar problemas, non contara coa compatibilidade co proxector.
A continuación tocabanos a nós. ¿Que como estaba la plaza?. ¡Abarrotá!. Empecei eu. Prometéralle a Carmen que me enrollaría o que ela quixese. Fíxeno un pouco de máis. Ela seguiu e bordou a presentación, aínda que o dedo co rato ialle máis rápido que a lingua (o cal é bastante difícil). Desta vez non tivemos que esperar polo mexicano que nos trouxese o rato. Marga que é moi previsora trouxera un. Non chegou o tempo para presentar a actividade. Falamos de máis ou é que 20 minutos non chegan para nada. Aplausos e máis aplausos. !Xa estaba!
A continuación Ricardo Rosas de Chile presentou Cantaletras 2.o un sistema de apoio para a lectura das persoas cegas.
Despois Elena Mª Díaz Pareja e Juana Ortega-Tudela da universidade de Jaen presentaron E-reading en el marco de la atención a la diversidad.
Despois de que acabaron volvimos a subir todos para as pregunta. Ningunha. Xenial. Xa acabaramos.
Despois dun descanso cada un asistiu ao taller que quixo. Eu asistin a un taller titulado: "Diseño para ti- D4d" da Fundación Once. Enrique Varela e Carlos Egea fixeron un taller moi ameno onde falaron de accesibilidade. Demostraron que a case todos nos falta algunha capacidade. Mandaron poñer de pé a todos e foron mandando sentar aos que tiñamos gafas, aos operados, ...Ao final quedou só unha rapaza de pé.
Falaron da barra de ferramentas ais para mirar a accesibilidade das páxinas. E, atento Simón, considerou a Web 2.0 como un invento macabro. Fáltalle usabilidade e accesibilidade.
Eran as 8 e media. Hora de ir a darnos unha ducha para sair a cear. Chovía. A mares. Nos non tiñamos paraugas. Perdón. Marga, si. Muller previsora

1 comentario:

José Carlos dijo...

Lendo os blogs de hoxe véñenme a cabeza moitos recordos e todos, malia os nervos , moi bos. Estou seguro de que tanto Marga coma Carmen estan tan contentas coma min deste tipo de experiencias. Alédome moitisimo de que ó final todo saíra ben tecnoloxicamente falando, pois aptitudinalmente, non o dubidaba.
Agora que xa pasou o mal rato, disfrutade e aprendede moito para contarnos.