viernes, septiembre 29, 2006

Venres 29. Continúa o Congreso

Esta noite si
Marga

Volvimos a repetir o horario do día anterior. Ese que empeza co despertador ás 7 e media da mañá.
Xa só queda Margarita nerviosa. Mentres que almorzmos descubrimos que aínda non vimos nada de Murcia a non ser o hotel, o centro de congresos e o camiño entre os dous. Quedamos en cada un buscará o momento que considere máis oportuno para sair a dar unha volta por Murcia.
Ao chegar á sede do congreso dividimonos para asistir cada un ao acto que preferise. Eu escollín fun a un Panel de Expertos sobre "A sociedade da información en iberoamérica". José Luis Pardos recordounos a historia de Internet en España. O mesmo fixeron persoas de Arxentina, Colombia, Venezuela e Chile. Verdadeiramente non estaba a ser excesivamente interesante e decidín que era o momento de dedicar un par de horas a coñecer un pouco de Murcia.
Fun andando polas ribeiras do Segura. Estaba cheo de carteis lembrando o problema do auga. Están verdadeiramente preocupados por este problema. Tenta aforrar o máximo posible. É curioso comprobar como aproveitan ata a auga que libera a condensación do aire acondicionado. A Catedral é grandiosa. Conta cunha capela gótica moi bonita e un coro espectacular. Despois dunha hora de paseo volvín ao congreso. Atopeime con Israel que estaba noutro panel de expertos sobre o "Papel de las Fundaciones en la sociedad del conocimiento". Gustoulle o que explicou Rocio Miranda de Larra sobre las aportaciones de la Fundación France Telecom en la sociedad de la información y las personas con discapacidad. Pareceulle que era un proxecto que podia gardar similitudes co da Fundación Amancio Ortega.
Cando acabou esta mesa de expertos fomos comer a un bar que estaba enfrente do centro de congresos. Comimos peor que o día anterior. O problema da hostelería empeza a ser preocupante. Non é que falte profesionalidade, é que non hai ningunha. Así e a todo o gazpacho estaba rico.
Os nervios aumentaban. Marga non sabía que facer. As 4 menos cuarto conseguimos entrar pola porta lateral., Hoxe os moderadores da mesa estaban xa no seu sitio. Eran Juan e Antonio. os dous galegos. O día anterior xa nos reuníramos con eles e co resto dos galegos presentes no congreso e cos que o estaban a realizar dun xeito virtual para crear unha lista de distribución de correo-e.
Marga era a 2ª. antes ían a falar uns colombianos da universidade de Antioquia (Medellín) que presentaban un entorno informático para estimular as habilidades dos adolescentes xordos.
O de Marga tíñámolo todo comprobado e requetecomprobado. Nada podía fallar. E nada fallou. Marga estivo moi nerviosa, pero comunicativa. Fixo que todos sentísemos unha pouca de envexa por non ter realizado o Dialogo de castigados. Que algunha diapositiva pasase demasiado rápido, non importaba. O sonido saiu ben. As actividades de clic cando correspondia. Todo Ben. Ao rematar e despois de moitos aplausos, Marga pudo relaxarse e pasar a disfrutar do congreso.
Despois de Marga falou Mª Isabel Laguna do CP Emilio Varela de Alacante que deunos algunhas ideas moi interesantes para traballar con Power Point en Educación Infantil a diversidade. Presntounos como facer contos, traballar o protagonista da semana e outras actividades .
A continuación José Blas do CADI de Murcia presentou actividades, programas e materiais para traballar o castelán como 2ª lingua. Descubriunos un programa da Generalitat de Valencia que se chama "Vine-Ven" que pode ser moi útil para utilizar co alumnado de minorias étnicas.
Os seguintes tiñan que ser uns de Caravaca que non puideron asistir.
Cando rematamos volvimos cara o hotel para descansar e prepararnos para a cea

No hay comentarios: