A mi no me gusta la gente
que no come todo
(Camarero murciano)
Sete e media da mañá soa o despertador tanto do móbil como o da habitación. 8 a.m. quedamos para almorzar. 9 da mañá saímos para o centro de congresos Victor Villegas. 15 minutos ¡a pé! e xa estabamos recollendo a documentación do congreso. Cada día que pasa dan máis información: turística, de editoriais, de restaurantes... Atopamos o 1º coñecido, Juan que é o que vai moderar a mesa onde vai expor a súa comunicación Margarita. 2ª sorpresa por "dificultades técnicas" non hai CD coas ponencias e comunicacións, senón un libro de actas de verdade e que pesa cantidade. Xa sabedes que quen o queira consultar terémolo a disposición de quen quera.
Ás 9 e media da mañá xa estabamos sentados no auditorio para esperar que as autoridades políticas da Rexión de Murcia inaugurasen o congreso. Bastante rápido. Fotos. Cámaras de tv. E xa podemos pasar a outra cousa ou ao que en verdade nos trouxo tan lonxe da casa.
A conferencia inaugural vaina dar Antonio Rodríguez de las Heras profesor da Universidade Carlos III de Madrid. É o 2º congreso ao que vou que é inaugurado por este profesor. Non me extraña. Deixoume igual de encantado que a 1ª vez. Áxil, ameno e reflexivo. Fala da sociedade do coñecemento.
Espuxo como se ten que producir a migración desde a sociedade industrial á sociedade da comunicación pasando polo estadio no que nos atopamos da sociedade da información.
Explicou que temos que facer a "metabolización da información". O coñecemento elimina as árbores que non nos deixan ver o bosque. O exceso de información non deixa ver o bosque do coñecemento.
Existen 3 cauces para derramar o coñecemento á sociedade.:
- Tecnoloxía. Chega á sociedade en forma de avances tímidos
- Cultura: en forma de productos culturais
- Educación
A sociedade dixital á que tendemos permite:
- A ubicuidade.
- A deslocalización
- Simultaneidade.
Para chegar á sociedade do coñecemento hai que armonizar a igualdade coa diferencia e coa liberdade.
Da gusto asistir a este tipo de congresos para escoitar a xente que fai filosofía. Que reflexiona sobre o mundo no que vivimos e que explica o que pasa e cara onde imos. O profesor Antonio Rodríguez de las Heras ten un libro dixital no que, á parte dos seu valor literario utiliza as técnicas hipertextuais.
Cando acabou esta conferencia inaugural houbo unha representación teatral "Mary Poppins" realizado polo alumnado dun centro de educación especial
A continuación houbo un panel de expertos sobre As tecnoloxías na escola inclusiva. O máis interesante foi a presentación de Francisco Jesús García Ponce coordinador do "Proyecto Aprender" do Cnice no que participara a nosa Carmen Fernández como colaboradora. Contounos que chegara a odiar a Gusi. Se queredes máis información sobre o proxecto, xa sabedes dirixirvos as fontes e preguntarlle a Carmen Fernández. Mentres que estabamos a escoitar a este ponente, ocurriuseme mirar cal era a sala onde iamos a falar pola tarde. Sorpresa era na mesma sala onde se estaban a realizar as sesións plenarias do congreso. Acababamos de multiplicar por dez a esperanza de asistencia. Tamén multiplicamos por cen os nervos e a preocupación. ¿Que dixo medo, coa de hospitais que hai?. (Viramos un moi grande mentres viñamos andando cara o centro de congresos)
Ás dúas e media fomos comer a un bar que hai en fronte ao palacio de congresos. Se a noite anterior tivéramos un camareta borde esta vez tocounos un moi agradable e que nos ofreceu un gazpacho e unhas xudias riquísimas. A cervexa, por desgraza, non era da "Estrella del Bierzo" senón que era a Estrella de Levante pero estaba boa.
Ás 3 e media Carmen e máis eu volvimos cara o centro de congresos para preparar a nosa "actuación"
No hay comentarios:
Publicar un comentario