miércoles, mayo 08, 2013

AUMENTAME 2013. Xornada de tarde

Da man de Lab Human e Esteban Anguita presentouse XeoAumentaty e Aumentaty visual search, que estarán dispoñibles a partir do verán. Óscar Guerrero presentou a ferramenta de autor DOBOOK que permite a creación de contidos así como de actividades auto avaliables. Raúl Reinoso realizou un excelente relatorio, onde nos demostrou, como a animación en 3D xa non necesita de complicados programas informáticos. Grazas a el, descubrimos a realidade aumentada fotorealista, que consiste en xerar imaxes en 3D utilizando a fotografía. Raúl falounos do programa 1,2,3 D CATCH que nós xa levamos un tempo experimentando con el.

Finalmente chegou a hora dos talleres e decidimos asistir ao de Raúl Reinoso. Alí Raúl explicou detalladamente en que consistía o AUMENTATY, como importar, exportar ficheiros, como conseguir modelos 3D, como manipular os obxectos, etc.


Acabamos Aumentame 2013 e saímos moi animados. Voltamos ao hotel para cambiarnos e saír a despedirnos de Valencia e da paella valenciana. Volvemos ao Paseo de Neptuno pero cambiamos A PEPICA polo L´ESTIMAT. Agora si que degustamos unha boa paella valenciana.


Unha das cousas que aprendemos ao longo das diferentes experiencias é que xa sabíamos moitas cousas da REALIDADE AUMENTADA. Démonos conta que en Galicia e, sobretodo, en Arteixo, a Realidade Aumentada estaba ao nivel dos ponentes e das experiencias que escoitamos. Foi pois, máis que unha posta a punto dos nosos coñecementos unha posta en valor do que xa sabíamos e unha gran carga de enerxía e de motivación.

Puidemos comprobar como, a través da metodoloxía axeitada, os nosos alumnos poderán descubrir novas formas de acceder á información e novas formas de interactuar co entorno a través das TIC: xeolocalización, mlearning, magnetismo aumentado, realidade aumentada, mesa interactiva, libro aumentado, transversalidade, colaboración, motivación, aprendizaxe, creAR, compARtir, evaluAR...toda unha experiencia 3.0.