miércoles, mayo 08, 2013

AUMENTAME 2013. Xornada de mañá

Valencia
Es la tierra de las flores de la luz y del amor
Valencia
Tus mujeres todas tienen de las rosas el color
SÁBADO 20 abril 2013
Luz, si. Amor, non sabemos. Das mulleres non falamos
Hoxe estivemos en Aumentame 2013 onde gozamos dunha extraordinaria xornada na que coñecemos persoas e proxectos extraordinarios, outros non tanto, relacionados coa innovación, a educación e a Realidade Aumentada. 

Chegar ao Cubo Azul, na Cidade Politécnica da Innovación de Valencia, foi unha tarefa difícil. Incluso os taxistas non se poñían dacordo. Por fín, á hora precisa chegamos e recollemos o material. 

O primeiro relatorio, trala inauguración da xornada por parte da Conselleira de Educación, Cultura e Deporte da Generalitat Valenciana, Mª José Catalá Verdet, foi para Mariano Alcañíz, director de LAb Human, que insistiu na idea de que non debemos FORMAR ALUMNOS do SÉCULO XXI con METODOLOXÍAS do SÉCULO XX e con CONTIDOS do SÉCULO XIX.

Logo viñeron catro experiencias de usa da REALIDADE AUMENTADA nas aulas: 


Aplicación dos códigos QR e a Realidade Aumentada para comprender a complexidade do discurso artístico por Javier Sánchez Bolado e Txema Aguiriano González. 


Aplicacións educativas con códigos QR e Realidade Aumentada en Educación Infantil para o desenvolvemento das competencias básicas por Marta Reina Herrera e Sara Reina Herrera. 


Realidade Aumentada, web 2.0 e mobile learning en Formación Profesional por Bernat Llopis e Loli Iborra Sales. 


A Realidade Aumentada aplicada ás linguas clásicas e á economía por Francesc Nadal Rius. 


Chegou a pausa para o café e alí poidemos coñecer ás irmás Reina: Sara e Marta que presentaron o seu proxecto “Descubrir, Aprender y QReAR”, levado a cabo nas aulas de infantil. Nesta foto estamos con Sara, Marta atendía as numerosos parabéns que lles ofrecían os compañeiros polo traballo ben feito.



Continuamos cunha conferencia a cargo de Mariano Alcañíz, titulada “ A aula do futuro”. Presentáronse varios proxectos e vías de investigación. Destacan o Classroom 2020, o embodied learning e os serius games. 

Despois desta conferencia veu outro grupo de experiencias que se levaban a cabo en dous espazos diferentes. Afondaban no uso da REALIDADE AUMENTADA, Gymcanas, códigos QR, libros aumentados, xeolocalización, marcadores,… Destacamos as experiencia de : 

  •  David Codina, Josefina Ferrés Font y Meritxell Estebanell Minguell.“As lendas de Girona en Realidade Aumentada”. Unha gymkana para descubrir as lendas da cidade de Girona. PRESENTACIÓN AUMENTAME 2013
  •  Manuel Alonso Rosa “Realidade Aumentada en Formación Profesional”. Realidade Aumentada aplicada á mellora da comprensión en actividades de formación práctica en Formación Profesional. SITE DO PROXECTO

O momento esperado para falar sobre todo o que levabamos oído veu á hora de xantar. Sentamos nunha mesa e agardamos polo menú que ofrecía a organización a un prezo de 8 euros. Un ensalada lixeira para comezar e de seguido polo asado. Rematamos cunha rica sobremesa de iogur e amorodos e café. Logo, aínda tivemos tempo para descansar un anaquiño antes da sesión da tarde.