How i wish, how i wish you were here
we´re just two lost souls
swimmingin a fish bow!
Year after year.
Running over the
same old ground.
Pink Floyd
Sexting, grooming, ciberbulling, safety, safety, safety. Seguridade, seguridade e máis seguridade.
Foron dous días onde o que máis escoitamos foi falar de seguridade e escoitar conceptos novos, polo menos para nós.
A viaxe ata Xixón foi agradable, rápida e tranquila. O tomtom levounos ata a porta do hotel e despois de descansar un pouco fomos cear ao Tierra Astur. Ben pero sen excesos.
Despois das inauguracións institucionais por parte das autoridades locais e autonómicas empezou o congreso coa conferencia inaugural a cargo de Janice Richardson, Coordinadora de la Red INSAFE de la Comisión Europea y Asesora Senior de la red European Schoolnet. Esta ponente propuxo na súa conferencia a necesidade de empezar a alfabetizar ao alumnado a partir dos 4 anos. Ao mesmo tempo indicou que os profesores teñen mala información sobre a privacidade e engadiu que o bloqueo a Internet mediante o uso de filtros, non é a solución xa que como educadores, non podemos chegar onde queremos e os mozos din que ese non é o mundo real
Despois da parada para o café empezou a 1ª mesa redonda: Magnitude, percepción e evolución dos riscos a cargo de Pablo Perez San Jose, Director do Centro de Seguridade da Información (INTECO) (España). Centrou a súa exposición na diferencia de uso d internet entre os adultos e os nenos. Os adultos usan a Internet os nenos a viven. Pasan 14 horas á semana sen controis parentais
Gemma Martínez Fernández, membro do equipo español do proxecto europeo "EU Kids Online (España). Eukidsonline.net. Falounos sobre os usos e efectos da Internet na escola primaria. Entran en Internet antes de
saber escribir
Xabier Bring Cámara Interactive Generations (España).
Falounos dos xoves multitarefa e como se en pocos anos d
a pantalla familiar familiar á pantalla de bolsillo
Deborah Taylor Tate. Ex-comisaria da Comisión Federal de comunicacións dos Estados Unidos. Falounos dos dereitos dos nenos e das nenas e da ciberseguridade.
Chegou a hora de descansar un pouco e de participar no cocktail ofrecido pola organización. Abundante e ben servido. As 3 e media tocaba empezar de novo
No hay comentarios:
Publicar un comentario