lunes, noviembre 02, 2009

Grooming

We don't need no education 
We dont need no thought control
No dark sarcasm in the classroom
Teachers leave them kids alone
Hey! Teachers! Leave them kids alone!
All in all it's just another brick in the wall.
All in all you're just another brick in the wal
Pink Floyd

Despois de comer, de pé, parecía que apetecía volver o Palacio de Congresos, acomodarse nunha
mullida butaca e relaxarse (sen roncar)
Non foi posible. Non sabiamos que lle tocaba falar á que se ía converter no punto máis forte do congreso. A ponencia marco a cargo de a cargo de Parry Aftab,

Directora executiva de Wiredsafety.org (EEUU). Unha estrela foi capaz de transmitirnos as cousas máis duras dun xeito coloquial e cercano (chegou a pedir pementos de Padrón que non picasen). Falounos da necesidade de que antes de publicar na rede calquera cousa valorasemos e, sobre todo, fixeramos valorar aos nosos alumnos e alumnas se o que estaban a publicar podía afectar a algunha das 5 P que propón para reflexionar:
  • Posibles depredadores da rede. Xente que anda a caza de información ou que busca o xeito de chantaxear aos que publican fotos potencialmente comprometidas
  • Policia. Non publicar nada que lle poda interesar á policia
  • Profesores (ou directores) Non publiques nada que sexa ofensivo para eles (nada de grupos en facebook que se chamen "odio a ..."
  • Pais e nais. Se tes medo de algo que vas publicar por se o ven os teus pais. Non o publiques
  • Posibles empregadores. As fotos tan divertidas de fin de ano ou da cea de amigos, colgadas en Facebook ou en Tuenti, poden aparecer cando tes unha entrevista de traballo e perder todas as túas posibilidades de conseguilo
Comentounos casos reais de suicidios producidos polo ciberbulling pero todo sen pánico.
Un éxito







Sen parar empezou a seguinte mesa redonda. Responsabilidades e retos na protección do menor online.
Artemi Rallo Lombarte, Director da Axencia Española de Protección de Datos (España).
Natalia Martos Díaz, Responsable Xurídico de Tuenti (España).
Carmen González Madrid, Adxunta ao Defensor do Menor na Comunidade de Madrid (España).
Enrique Rodríguez Martín, Inspector Xefe da Brigada de Investigación Tecnolóxica do Cuerpo Nacional de Policia (España).
Desta mesa destacar o autobombo que se deu a representante de Tuenti (Tuenti é bo porque é español, Facebook malo) e sobre todo o sobrecolledora que foi a presentación que fixo o inspector de policia sobre a pornografía infantil e os abusos a menores.



Coffee break e de novo dentro para asistir a derradeira Master Class do día. Impartiuna Sangeet Bhullar Directora de WISE KIDS (Reino Unido) sobre as Ferramentas e Alfabetización dixital nun mundo 2.0.


Acabou as 8, levabamos dende as 9 da mañá metidos dentro dun palacio de congresos. Era hora de volver ao hotel e prepararnos para a fabada (só levabamos unha). A desta noite fómola tomar a La Galana. Moi boa o camareiro recomendounos ir tomar algo antes de ir para cama e fixemoslle caso

No hay comentarios: