martes, mayo 15, 2007

Outro centro TIC: O CEIP Ménendez y Pelayo de Valverde del Camino

Sen botox
Con botos
Con moitas cigoñas
e Valverde del Camino

Durmimos pouco e mal queimando a saude (parafraseando a M. Rios, no Bus del autobús) , para chegar á seguinte escala na nosa viaxe. Tocaba visitar o Ceip Menedez y Pelayo de Valverde del Camino.
Collimos outra vez a autopista dirección Sevilla. O JIPIESE volveunos a confundir. Meteunos
directamente en Carrefour. Pensamos en aproveitar para comprar un pouco de aceite e de xamón, pero aínda estaba pechado. Por iso non trouxemos xamón.
Cando volvimos a estar na autopista sorprendeunos a cantidade de cigoñas que había por todos lados. Non había poste que non tivese alomenos un niño de cigoña. Parecían as nosas gueivotas, aínda que a nós nos resultaban moito máis románticas e elegantes.
Despois de perdernos un par de veces máis por facerlle caso a insoportable rubia que nos falaba d
icindonos que estabamos fora do itinerario, chegamos ao CEIP Ménendez y Pelayo.
A amabilidade e o cariño con que nos recibiu María Barceló, xefa de estudios e responsable TIC do mesmo foi abrumadora o mesmo que o director José Antonio Pérez que permanecería con nós toda a mañá.
Despois de presentarnos e contarlles as razóns da nosa visita, empezamos a
visitar o colexio. O 1º que nos sorprendeu foi que teñen unha organización horaria diferente da nosa. Teñen dous recreos, o 1º de 10 minutos para que o alumnado tome o bocata ou o que traia de casa, e outro de 20 minutos para que xoguen.
As aulas son as dos centros TIC de Andalucia. Un ordenador para cada dous nenos ou nenas. Este sistema ten a desvantaxe de que obliga a ter unha estructura de clase sem posibilidade de modificación. Non permite os agrupamentos flexibles dependendo da actividade a realizar. Nós defendimos as vantaxes dos portátiles. Estiveron dacordo. O ano que ven van ser centro bilingüe e teran de dotación carriños con portátiles semellantes aos nosos.
Virginia deunos a dirección do seu blog do que copio o enderezo aquí para que o visitedes, igual que o de Miriam, e o de outra nena da que non me lembro o seu nome (perdón).
Pasamos a visitar as unidades de Infantil. José Carlos volve a alucinar co tamaño dos inodoros. Lémbrase de Abel que non chegaba. Daniel de Ed.Infantil de 4 anos B cantanos unha canción e recitanos un poema. Todo moi lindo.
Despois dunha sesión fotográfica pasamos a sentarnos arredor dunha mesa para charlar e poñer
en común as diferentes experiencias. María e José Antonio falannos con verdadeiro entusiasmo do sistema implantado pola Junta de Andalucia de xestión remota desde el CGA. Desde Sevilla resolvenlles os problemas técnicos que aparecen en todos e cada un dos ordenadores. Falan da formación que realizan no seu centro. Formación obligatoria e realizada durante o tempo de permanencia no centro. Impresiona o entusiasmo con que falan. Impresiona María, pero máis impresiona, se cabe, José Antonio que vaise xubilar este ano. María propón establecer unha wiki para realizar un traballo colaborativo entre os dous centros. Estamos dispostos.
Grazas compañeiros e compañeiras de Valverde. Esperamos que nos visitedes para poder corresponder como vos merecedes.

Xa era a unha e media. Queriamos chegar ao aeroporto de Sevilla, facturar a equipaxe e xa sen cargas disfrutar un pouco. Imposible. Comeunos o tempo os atascos. Tivemos tempo a criticar o escaso uso que se lle da a unhas instalacións tan boas coma as do recinto da Expo. A infrautilización dun estadio e, sobre todo, o despilfarro que significa ter feito unha inversión tan grande para que agora se esté a oxidar todo.
Ás 4 e cuarto chegamos ao aeroporto. Deixamos o coche e diriximonos cara o mostrador a facturar. Clickair, so factura dúas horas antes do vo. Tiñamos que comernos as maletas, porque tampouco nos ían a dar comida quente,"o restaurante pecha ás 4" díxonos unha amable señorita. Comimos uns bocatas (o nivel do xamón baixara bastantes puntos) e dispuxemonos a esperar as 4 horas que faltaban para o embarque. Decidimos quedar uns no aeroporto e outros ir ata Sevilla. Taxi, unha hora en Sevilla: Reales Alcazares, a Catedral. Volver a coller outro taxi.
Chegar ao aeroporto. Facturar a equipaxe. Esperar unha hora de retraso do avión. Cambiar de porta de embarque. Unha hora e 20 de vo. Casa.
Cansados pero contentos.
Moitas experiencias.
Moitos amigos
Moitos nenos e moitas nenas
e sobre todo Moitos MESTRES e moitas MESTRAS, así con maiúsculas
Ata pronto


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,son a nai dun alumno de José Carlos.
Estou impresionada de todo o que contades e de como o contades,pois sodes moi simpáticos contando as experiencias,ademáis vexo que foi unha viaxe agradable e a xente de alá tamén moi agradable,(digo isto, polos comentarios dos profes e dos nenos),pois falan moi ben de vós.Un saúdo

María Barceló Martínez dijo...

Gracias por vuestra visita, fue todo un placer recibiros, aunque después de que os fueraís me quedó la sensación de cuantas cosas más podíamos haber compartido, organizado, etc... ¡el tiempo!
Espero que sigamos en contacto a través de Internet y ya sabeís donde estamos para cuando queraís.
Hemos publicado un completo album de fotos en nuestra Blog del cole.
Gracias por todo y un fuerte abrazo