martes, marzo 12, 2013

Día 4. Remata...

Visita ao Liceo Español García Lorca. A visita que ía durar unha hora durou toda a mañá. Trato inmellorable. Ensináronnos as instalacións e mostráronse moi interesadas polo noso proxecto. Prometeron unha visita ao noso cole a finais de curso. Estaremos encantados de recibilos.
Tamén puidemos coñecer ao director da ALCE (Agrupación de Lingua e Cultura Española) interesado tamén pola nosa labor, comentounos que ían poñer en marcha unha Aula Virtual de formación.
Volta ao hotel....isto remata... Bus cara o aeroporto de Orly. Chegamos a Madrid e "grazas" á folga de Iberia "só" tardamos 8 horas en chegar a Coruña en bus.
Non importou, a viaxe mereceu a pena tanto profesional como persoalmente.

3 comentarios:

Pepa dijo...

Qe ben pinta todo isto! Sodes do mellorciño! Vaia sorte de coincidir con vós! Parabéns!

María Ces dijo...

Grazas por compartir con nos esta experiencia tan increible e polo entusiasmo que sempre mostrades en cada cousa que facedes.
Saudiños, miñas chicas

José Carlos dijo...

Está claro cara onde se dirixen os pasos no terreo da educación e nos, como colexio público, intentamos investigar por eses camiños.
Noraboa polo voso traballo feito alí , así como polo ben que deixastes o pavillón PdB.
Grazas por compartir connosco as experiencias.