viernes, diciembre 04, 2009

Congreso Tic Málaga, 3º dia. Jose Carlos




Como diría O Gran Wyoming
"Mañá mais, pero non mellor
porque é imposible".


Tomamos o sol. Empezamos as entradas anteriores. Controlou as substitucións. Non estaba excesivamente nervioso. Xa ten moitas tablas e xa toreou en prazas máis complicadas.
A comunicación de Jose Carlos ía sobre os 3 seus blogs e explica como foi o proceso que foi seguindo ao longo de tres anos para crear sucesivamente A nosa clase, O xornal dos carrabouxos e Os recursos dos carrabouxos.
O sistema que se empregaba para a presentación das comunicacións era distinto a todos os que víramos noutros congresos. Non había que levar presentación, nin preparar exposición. Só tiña que presentarse nunha sala á hora convida.

jueves, diciembre 03, 2009

En defensa dos dereitos fundamentais en Internet

Manifesto "En defensa dos dereitos fundamentais en Internet"

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das
modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades
de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de
Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores
de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e
declaramos que ...

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos
fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a
seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e
a liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sindo unha
competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza.
Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da
Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo
dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o
acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector
tecnolóxico español, prexudicando unha das poucas áreas de
desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de
empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa
expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta
a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos
democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de
contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria
culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do
seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades
relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións
lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo
ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no
control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar
os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de
alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeles e que atendan
os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma
ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas
patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio
obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.

8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en
España, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o
desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual
co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio
público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser
aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as
partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas
que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata
de outro tema.

miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso Tic Malaga. 3º día.I

Sol, soliño
quentanos un pouquiño
hoxe, mañá e toda a semán

Último día do congreso. Tocaba erguerse cedo. Ás
9 da mañá empezaba unha das conferencia máis esperadas, alomenos por min, do congreso. Ía falar Manuel Area quizais o único dos grandes teorícos das Tic e a educación que me faltaba por escoitar.

Congreso Tic Malaga. 2º día .II

Soñan as PDI con ovellas eléctricas?
Poden as PDI curar os pés planos?

O 2º conferenciante da tarde foi Pere Marquès referencia, par moita xente no uso do Encerado dixital. Un entusiasta, cheo de proxectos e de investigacións (propuxonos participar nunha) pero que o que transmite e o que levamos experimentando dende hai no PPdB. As súas aulas 2.0 son as que temos nos nosos centros. Sabe do que fala e a quen se dirixe

Congreso Tic Malaga. 2º día .I

Que eres linda y hechicera
Que eres linda y hechicera
Como el candor de una rosa


Sol, ceo azul, claridade, fáltanos algo. A chuvia
Pola mañá tocaba falar temas das universidades. Interesábanos pouco. Para que enganarvos, non nos interesaba nada escoitar falarse uns aos outros "que se o doutor tal, opina" "que se o profesor cual pensa" unha sensación de sobrar, de endogamía, de afastamento da realidade (non universitaria)... Que decidimos dedicar unha parte da mañá a re-coñecer Málaga.
Descubrimos que está como todas. Chea de obras do plan E, cuns problemas de tráfico enormes, solucionado o problema de limpeza, precioso o centro arredor da Rúa Larios. Fixemos turismo. Fomos ao Museo Picasso (admiten o carnet de teacher da consellería, Jose Carlos non o tiña e tivo que pagar) e a catedral (coa igrexa topamos, non admiten ningún carnet, pagamos os dous)
Un "jamoncito" e máis gambas e a coller o 20 para chegar ata o campus de Teatinos

Congreso de Málaga. Wicho

Microsiervos
Blogueando a hombros de gigantes

Como peche á 1ª xornada do congreso estaba anunciada a participación de Javier Pedreira (Wicho) co que xa tiñamos unha relación previa, xa que o ano pasado impartiranos a docencia do grupo de traballo que sobre as redes sociais tivemos no colexio. Artogos de Wicho podémolos ler todas as semanas en La Voz de Galicia
A participación de Wicho neste congreso viña dada por participar en Microsiervos un dos blogs de referencia sobre temas de tecnoloxía.

Congreso Tic Malaga. conferencia de Antonio Bartolomé

Se entras un día na clase cun cabalo branco os nenos e as nenas, vanche prestar atención.
se entras o 2º, tamén.
A aprtir do 3º xa non se dan conta de que hai un cabalo
Antonio Batolomé


O cabalo branco é a tecnoloxía

Despois de saudar a un dos organizadores do congreso que moderara unha mesa na que participara no congreso de Einformática Educativa da Uned de Madrid, pasamos a 2ª conferencia da tarde. Ía dictala Antonio Bartolomé sobre Multimedia en la web 2.0

Congreso tic en Málaga. Inauguración

No estamos locos
que sabemos lo que queremos

Pois iso, Ketama o resume moi ben. Non estamos tolos, ou si. Porque senón non se entende que haxa persoas que poñan o despertador as 4 e media da mañá para despois de cruzar toda a península chegar a Málaga para escoitar e para transmitir o que pensamos sobre tecnoloxía e sobre pedagoxía.
Estamos no cabo do mundo e se queremos saber o que se coce fora temos que saír e pasarnos case toda a semana fora de casa. O resto dos peninsulares están mellor comunicados e poden coller un AVE ou un avión e chegar a calquera sitio. Nos temos que pasar polo fielato de, alomenos, dous aeroportos

A conferencia inaugural do congreso foi impartida por Julio Cabero Almenara da Universidade de Sevilla que falou sobre A educación 2.0 marca, moda ou nova visión da educación.