miércoles, diciembre 02, 2009

Congreso tic en Málaga. Inauguración

No estamos locos
que sabemos lo que queremos

Pois iso, Ketama o resume moi ben. Non estamos tolos, ou si. Porque senón non se entende que haxa persoas que poñan o despertador as 4 e media da mañá para despois de cruzar toda a península chegar a Málaga para escoitar e para transmitir o que pensamos sobre tecnoloxía e sobre pedagoxía.
Estamos no cabo do mundo e se queremos saber o que se coce fora temos que saír e pasarnos case toda a semana fora de casa. O resto dos peninsulares están mellor comunicados e poden coller un AVE ou un avión e chegar a calquera sitio. Nos temos que pasar polo fielato de, alomenos, dous aeroportos

A conferencia inaugural do congreso foi impartida por Julio Cabero Almenara da Universidade de Sevilla que falou sobre A educación 2.0 marca, moda ou nova visión da educación.

Empezou falando da xeración Einsteins ou Google, para referirse aos nacidos ao fin do século pasado que usan a tecnoloxía coa mesma naturalidade coa que abren o frigorífico sen plantexarse ningún tipo de dúbida. Destaca a capacidade multiterefa que teñen estes grupos.
O ordenador pasa de máquina de escribir a máquina de comunicación social
Julio Cabero define a educación 2.0 en tres aspectos tecnolóxicos filosóficos e sociais
Dalle o protagonismo aos internautas e a hexemonía dos contidos sobre o deseño.
O importante son as personas e non as ferramentas

2.0. Non é unha revolución tecnolóxica é máis unha actitude a través de aplicacións e servizos abertos. Toda a rede é a plataforma de traballo.
Introducir cacharros non mellora a educación.
Educación 2.0 supón:

  • Cambio de paradigma. De escola de transmision a escola de construcción do coñecemento
  • O rol do profesor cambia. Guía, orientador e deseñador
  • Capacidade de aprender, de desaprender e de reaprender
  • Pasar de escola de información deslocalizada e fora de contextos cercanos.
  • Politica de microcontidos. Traballar con capsulas informativas
  • Trabajar con nuevas ferramentas de comunicaión
  • Creación dunha escola activa. O alumno centro do sistema non o contido
A conferencia foi interesantisima. Ao profesor Julio Cabero xa o escoitaramos en Santiago nunhas xornadas organizadas pola consellería.
O congreso empezaba cun nivel moi alto tiñamos moitas esperanzas de que non baixase o nivel

No hay comentarios: